CATÁLOGO DE MÚSICA 2014
CULTURACTIVA
TALABARTE
Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.
Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escea musical galega, o violino deQuim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García.
O SONORO MAXÍN
Dende Ourense traen a Cumbia galega en estado puro!! Este ano presentan, ademáis do seu habitiual directo de escenario, a proposta A Onda Sonora Na Rúa coa que levarán os seus ritmos ás rúas e prazas de Galicia nunha furgoneta equipada cun equipo de son adaptado. Agarrádevos que hai cumbia!!
A MAGNIFIQUE BAND DOS HOMES SEN MEDO
*Tras ser uns dos flamantes gañadores dos premios da Música Martín Codax 2013 a Magnifique Bande voltará ás rúas e escenario galegos amosando o seu bon facer e toda a súa festa, sempre, SEN MEDO!!
COANHADEIRA
*Unha das formacións máis renovadoras do panorama folk galego continúa a dar que falar. Tralo seu paso por moitos dos principais festivais galegos de folk (Ortigueira, Pardiñas, Carballeira de Zas, etc) e de fóra de Galicia (Interceltique de L´Orient-Francia-, Festival de Buners -Andorra-, etc) esta banda continuará este ano presentando o seu último traballo discográfico “PO”.
PANDEIROMUS
*O 1º grupo de pandereteiros (homes) de toda Galicia alá polo ano 1992 recuperou a súa andaina o pasado ano e prepara xa o seu 3º disco que presentará a próxima Primavera.
ORQUESTRA OS MODERNOS
*Sesións Vermú, festas do país, concertos no palco da festa ou intervencións nas rúas e prazas... indíxenas e emigrantes, nenos e nenas, donas e cabaleiros, a Orquestra Os Modernos está a piques de chegar, e chega para quedar!!
FANFARRIA TAQUIKARDIA
*Ainda non coñeces á Fanfarria Taquikardia?? Grupo de música extremadamente festeiro, de repertorio taquicárdico, que vai das melodias balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, aportandolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa. Non os perdades!!
PROPOSTAS DE FÓRA DE GALICIA
E no ámbito estatal contaremos con LA TROBA KUNG-FU, que prestentará o seu novo disco este entroido en varias vilas galegas. Contaremos tamén dende Cataluña con TXARANGO, que presentará novo traballo na primavera do 2014 e coa mestura musical que ofrecen os sorprendentes YACINE & THE ORIENTAL GROOVE (Barcelona-Arxelia), unha das bandas máis sorprendentes do panorama mediterráneo.
Ademais, ampliamos o catálogo con primeiros nomes internacionais cos que traballaremos como bookers en Galicia como Deolinda, Sargento García ou Chico Trujillo.
A Festa de sempre como nunca a viches!
Nesta nova temporada da Verbena Galega ampliamos o abano de posibilidades en canto a grupos que poden formar parte. Así, Uxía, Malvela, Pandeiromus, A Orquestra Os Modernos ou Coanhadeira no plano do tradicional e bandas como O Sonoro Maxín, Talabarte, Caxade, A Magnifique Band, Os Cuchufellos ou mesmo Dios Ke Te Crew, son parte do elenco que neste 2014 estará ao dispór de quen queira innovar nas súas festas, podendo adaptarse así aos gustos tan diversos das festas galegas e de cada público.
Ademais, as comisións de festas e demais organizadores poden configurar a súa propia Verbena adaptándoa ao público de cada lugar. Como se pode facer? Moi doado, entrando na nosa web, no apartado “configura a túa Verbena” escollendo as opcións que millor se adapten a vós!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario