27 de xan. de 2014

A CAÑIZA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INVESTIRÁ 650.000 EUROS NO VIAL ALTERNATIVO DA PONTE DAS ACHAS NO CONCELLO DA CAÑIZA

·       Se contempla unha variante da estrada provincial E.P. 5102 Lamosa – Franqueira – Achas coa que se fai necesaria una nova ponte para salvar o paso do río Deva.



·  Tamén se contempla a construción dunha rotonda de enlace de dita estrada, coa E.P. 5002 Cañiza - Mourentan.

Infogauda / A Cañiza

O presidente da Deputación, Rafael Louzán visitou hoxe o concello da Cañiza para presentar o proxecto do vial alternativo da  ponte das Achas, acompañado do alcalde, Miguel Adolfo Domínguez; e o Xefe de Servizos Técnicos de Infraestruturas, Manuel González Juanatey.

Debido a gran densidade de tráfico que soporta na actualidade  a E.P. 5102 Lamosa–Franqueira–Achas, que discorre polo Concello de A Cañiza, faise preciso a construción dunha ponte que de servizo á gran densidade de tráfico que circula por esta estrada, salvando o paso do río Deva. Por outra banda, tamén se contempla, a construción dunha rotonda de enlace desta estrada, coa E.P. 5002 Cañiza- Mourentan.
O proxecto conta cun orzamento total de 650.369 euros e un prazo de execución de 6 meses para a realización do conxunto das obras a partir da data de replanteo. O prazo de garantía será de una ano a partir da recepción das obras.

Entre as obras propostas a realizar: demolición de muro de mampostería en seco, retirada e acopio de escombros, carga mecánica de escombros sobre camión, demolición de cobertizo existente, desbroce e limpeza de terreo; escavación de terras, canalizacións, terraplenado, extendido e compactado con terras: formación de zanxas, nivelado de fondos, pavimentacións; peches e sinalizacións pertinentes; etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario