22 de dec. de 2013

O ROSAL

4 MILLONS DE EUROS DO PREMIO GORDO DA LOTERÍA DO NADAL FORON REPARTIDOS ENTRE VARIOS VECIÑOS ROSALEIROS


O titular da Administración de Loteirías do Rosal, súa esposa e un fillo, celebrando a boa sorte de haber vendido parte do Premio Gordo / Ricardo Grobas (Faro de Vigo)
  
Infogauda / O Rosal

  Fai uns 27 anos que a veciña de A Guarda, Antonia Verde Andrés (Toñita), fundou i escomenzou a rexentar a Administración nº 1 de Loteirías, no concello do Rosal. Logo da súa xubilación continúa nesa labor seu fillo Santiago Villa Verde que conta coa prestación persoal de seu tío Cándido Verde Andrés. Desde aquela até hoxendía teñen repartidos varios premios, sendo o Gordo deste Nadal o que os colma de satisfacción, toda vez que supón a maior achega no importe de premios xa unha parte do 1º premio do Sorteo de Nadal, deixou neste 22 de decembro de 2013, catro millons de euros dos cales á Axencia Tributaria – que sempre gaña, e sen haber xogado - se quedará co 20 por cento.

  Na devandita administración de loteirías foi vendida unha serie do número 62246, que está bastante repartido, xa que algunhas persoas habían compartido o décimo que mercaran. De tódolos xeitos, segundo puido saber Infogauda, trátase de persoas modestas.

  Esa boa nova do premio da loteiría viu como un bálsamo de espranza para un pobo de algo máis de 6.100 habitantes, que foi un dos máis afectados de Galicia pola comercialización indiscriminada e presuntamente alevosa, das participacións preferentes, das que resultaron afectadas centos de familias, a maioría das cales aínda a día de hoxe seguen loitando pola recuperación íntegra dos seus aforros de toda unha vida.

  Por outra banda, O Rosal foi un dos concellos máis afectados este verán polo incendios forestais, que afectaron maioritariamente superficies arboladas pertecentes á Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Santa Mariña do Rosal.

  Desde ás 10:50 h. deste domingo en que se soubo que a Administración de Loteirías do Rosal había repartido parte do 1º premio do sorteo da Lotería do Nadal, foron moitas ás persoas que se achegaron ata á Administración, sita na Rúa Ramón Franco, da vila do Rosal, para compartir á felicidade da boa nova que con certeza vai mudar ás economías e ás vidas de unhas cantas persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario