A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA OFRECEU UN MAGNÍFICO CONCERTO DE SANTA ICÍA
Florindo Lomba González, primeiro presidente da banda de A Guarda, recibiu da actual presidenta a insignia de ouro da Agrupación Musical de A Guarda.
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Agrupación Musical de A Guarda, ven de celebrar o pasado sábado día 23 de novembro de 2013, o Concerto de Santa Icía, padroeira dos músicos, que a falla de un auditorio como corresponde para un pobo como A Guarda, con abondosa diversidade de colectivos culturais, tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda.
Florindo Lomba González, primeiro presidente da banda de A Guarda, recibiu da actual presidenta a insignia de ouro da Agrupación Musical de A Guarda.
Fotos: Eduardo Rodríguez Pereira
O evento, presentado polo párroco Jesús García Villadóniga, que na súa intervención botou mán, como é costume na súa oratoria, de varias citas célebres, entre elas unha do músico e tenor intaliano Luciano Pavarotti - "Pienso que una vida por la música, es una vida bien aprovechada y es a esto a lo que me he dedicado" - e outra - "Sin música la vida sería un error" - do filósofo, psicólogo e filólogo clásico alemán, Friedrich Nietzsche; comenzou coa actuación da Banda infantil da Agrupación Musical de A Guarda, que dirixida por José Antonio Soutelo Muñoz, interpretou o seguinte programa:
- Evocación (pasodoble), de Emilio Cebrián.
- El señor de los anillos, de Howard Shore.
- Beatles in concert, de John Lennon e Paul McCartney.
Banda infantil da Agrupación Musical de A Guarda

Fora de programa, e como agasallo a formidable acollida do respectábel público, o director da Banda infantil da Agrupación Musical de A Guarda, anunciou á interpretación do tema "My Way", de Frank Sinatra, que decontado soaría maxistralmente e que sería rubricado cos aplausos dos asistentes.
Deseguido catro músicos que logo de varios meses de ensaios e segundo ás probas efectuadas polos profesores, pasarán a formar parte parte da banda grande recibirían de seus compañeiros ás correspondentes insignias que os acreditan como membros da Agrupación Musical de A Guarda. As novas incorporacións foron:
Andrea González Lorenzo (Clarinete), Carla Vizoso Morales (Clarinete), Elena García Núñez (Clarinete) e Miguel Barbosa González (Tuba).
E antes de continuar co desenvolvemento do concerto, o presentador fixo unha laudatoria adicada á Florindo Lomba González, persoa que desde os comezos - alá polo ano 2001 - da Agrupación Musical de A Guarda, estivo ata fai un meses, presidindo esta entidade, e non somentes exercendo esa labor, senón traballando e colabourando en todo o que estivo na súa mán, para contribuir á consolidación deste proxecto cultural. Logo de once anos presidíndoa, neste 2013, decidiu que era o intre de dar paso a outras persoas, sendo relevado no cárrego que viña desempeñando. Por iso, neste Concerto de Santa Icía, en nome de toda á banda, a actual presidenta da Agrupación Musical de A Guarda, María Elena Alvarez Silva fíxolle entrega a Florindo Lomba González da insignia de ouro da Agrupación Musical de A Guarda. Asemade, como non podía ser doutro xeito, súa esposa María Teresa Souto Álvarez (Marité) recibiría un ramo de flores que lle entregou María Teresa Castro Martinez, secretaria da Agrupación Musical de A Guarda.
O concerto continuaría coa actuación da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, que diridixa por Víctor Luís Alonso Treinta interpretou o seguinte programa:
- Adagio en sol m., de T. Albinoni / R. Giazatto (arranxos: Jacob de Haan).
- La Primitiva (pasodoble), de Jef Penders.
- El Barbero de Sevilla (obertura), de G. Rossini.
- The Phantom of the Opera, de A. Lloyd Webber (Arranxos: Johan de Meij).
- Tercio de Quites (pasodoble), de R. Talens.
Logo de rematar o programa previsto, que resultou moi brillante, o director da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, Víctor Luís Alonso Treinta, dirixiuse a audiencia agradecendo súa presenza nese acto, así como unhas verbas de gratitude para Florindo Lomba González, pola labor desenvolvida na súa etapa de presidente da Agrupación Musical de A Guarda.
E falando de agradecementos, a Agrupación Musical de A Guarda, tamén fixo entrega ao párroco de un pequeno presente pola súa labor como presentador.
O concerto remataría coa interpretación de unha muiñeira galega - Mozos do Penedo, de Manuel Novoa -, e o termo da actuación o público púxose en pé, amosando dese xeito tan explícito súa ademiración os músicos polo magnífico concerto ofrecido, que contou coa asistencia de amigos e familiares dos compoñentes das dúas bandas que forman parte da Agrupación Musical de A Guarda, así como público en xeral, procedente de Oia, O Rosal e A Guarda.

Banda de música da Agrupación Musical de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario