15 de out. de 2013

TUI

O CLUB DEPORTIVO ANDATUI-REGODAPEDRA ORGANIZADA UNHA CAMIÑADA POLA SENDA DA FRAGA DO BARRAGÁN

                                  

Club Deportivo Andatui-regodapedra / Tui

Dende o Club Deportivo Andatui-regodapedra, informamos que o vindeiro sábado día 19 de outubro faremos unha nova camiñada que será na Senda da Fraga do Barragán (PR-G164).
Este sendeiro  foi inaugurado a finais do 2012 e transcorre polas localidades de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Cun percorrido aproximado de 17 quilómetros, sentido circular e un grao de dificultade medio. Polas características da ruta, estimamos que o tempo da camiñada sexa de 4 horas.
“As Fragas do Barragán” son un exemplo de bosque autóctono a conservar. O río do mesmo nome forma un val que acolleu durante centos de anos unha flora e unha fauna extraordinaria. Pódese apreciar as súas vellas construcións artesanais, muíños e ata restos de antigas localizacións protohistóricas... Neste sentido, tamén destaca o Monte dá Cidade, co seu acueduto e as ruínas dun antiquísimo pobo de orixe datado, polo descuberto ata o momento, no século XVIII.
Os promotores desta senda son, as comunidades de montes de  Calvos,  Traspielas,  Moscoso  e Xunqueiras  que fixeron realidade este proxecto.
Se queredes dispoñer de toda a información desta saída podedes facelo en www.andatui.es

O prazo de inscrición rematará o vindeiro venres  18 de outubro .

Ningún comentario:

Publicar un comentario