O PP de Salceda solicita a mellora da estrada Vendanova - Casas
• Os populares xa solicitaran o seu arranxo nas alegación saos Orzamentos 2013 pero a proposta foi rexeitada polo Bipartito
Partido Popular / Salceda de Caselas
O voceiro do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, vén de rexistrar un escrito no Concello no que solicita o arranxo da estrada Vendanova – Casas - Antiga Cámara de Agraria con cargo ao Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) polo que o Concello de Salceda de Caselas percibirá da Consellería de Medio Rural un total de 41.500 euros.
Non é a primeira vez que os populares reclaman o asfaltado e mellora desta estrada pola que transitan a diario centos de vehículos. Cabe recordar que esta estrada serve como enlace de dúas parroquias ademais de empregarse como vía de saída cara a PO-510 ou para acceder a unha gardería que se atopa á súa beira. Trátase dunha estrada moi concorrida e pola que transintan a diario centos de vehículos.
Non é a primeira vez que os populares reclaman o asfaltado e mellora desta estrada, fixérono tamén nas alegación aos orzamentos de 2013 pero a proposta dos populares foi rexeitada polo Bipartito. Rodríguez Davila considera que o arranxo desta estrada non se pode retrasar pois máis tempo posto que se atopa nun estado lamentable, e considera que a subvención que o Concello vai percibir do PEIM, e que pode ser dirixido a melloras de estradas do medios rural, é unha boa oportunidade para acometer melloras nesta estrada.
(R.)
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario