CONVERXENCIA GALEGA CUESTIONA A PROPOSTA DO GOBERNO LOCAL PARA A CONTRATACION DA
EXPLOTACION DA PISCINA MUNICIPAL
Levándose a cabo na Comisión de
Asuntos Plenarios celebrada no día de hoxe, 15 de octubro, convocada mediante
Decreto da Alcaldía nº 0923/2013, no que textualmente se dí: cunha
duración de oito (8) anos e cún custe mínimo anual a soportar polo
adxudicatario do 12% dos gastos de gasóleo e electricidade dende
CONVERXENCIA GALEGA queremos manifestar noso posicionamento.
a).- Non
atopamos ningún INFORME XURIDICO nin de INTERVENCION que
consideramos obrigatorio e básico para poder ter unha postura o abeiro dos
datos aportados.
b).- Non
atopamos ningún BALANCE ECONOMICO da empresa, para saber a
situación financiera deste servicio municipal.
c).- Non
se nos informa sobre o consumo de auga destas instalacións e a
maiores se sobre-entende que vai seguir soportándollo o Concello, sendo unha
maneira encuberta de subvencionar a actividade, trasladando os beneficios a
empresa e os gastos o pobo guardés.
Dito o anterior,
consideramos que sería interesante, que se emitira informe económico no que se
reflexaran os gastos soportados polo Concello nos últimos CINCO (5) ANOS
E de suma importancia
coñecer a información sobre o consumo de auga no mesmo período de tempo de
CINCO (5) ANOS.
Dado que na proposta se nos fala de que a empresa
adxudicataria debería asumir un costo mínimo do 12% ANUAL por gastos de gasóleo
e electricidade, ¿Por qué non tamén da auga? Ainda que se tarife nún tramo
especial recollida na Ordenanza Municipal.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que o
porcentaxe a asumir pola empresa que explota as instalacións é INSUFICIENTE,
dado que según reflexan as CONTAS MUNICIPAIS do ano 2.012 xa que o Concello de
A Guarda, asumiu máis de 60.000 EUROS dos gastos, o que nesta situación,
únicamente nos faría aforrar 8.000 euros, cantidade que a todas luces é
INSUFICIENTE.
Asimesmo, o prazo de OITO (8) ANOS non ten moita
lóxica, pois nunha situación como a actual, donde os bandazos son permanentes,
se estaría deixando hipotecada a futura Corporación Municipal para dentro de
ANO e MEDIO.
Por todo elo, dende CONVERXENCIA GALEGA,
consideramos que se debe levar a cabo un estudio económico e xurídico para
poder facer unha valoración previa denantes de elaborar as bases e os pregos
das cláusulas técnicas e económico-administrativas para xestión da explotación
da Piscina Municipal.
A
Guarda, a 15 de Octubro do 2.013
REXISTRO ENTRADA Nº 5594
Data de Rexistro: 15.10.2013
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra/o. Secretaria/o
Sra/o. Interventora/o
Sra/o. Tesoreira/o
do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario