CONCURSO DE ESCAPARATES
Mercado do Reló / A Guarda
O comercio interesado xa pode anotarse! Pode participar todo tipo de comercio e de maneira moi sinxela, simplemente chamando ao 986 611 601 ou enviando un correo a comercionarua@gmail.com cos teus datos e un título sobre o tema do escaparate.
A participación consistiría no seguinte:
O escaparate (ou fachada, opción tamén válida) tería que estar adornado a partir do 21 de outubro ata o 10 de novembro e sempre relacionado coa temática do Samaín.
Nos escaparates dos locais participantes quedarán expostas as lanternas luminosas decoradas para a ocasión polos alumnos e alumnas dos colexios locais. Ademais ditas lanternas voadoras serán lanzadas ao ceo da noite do xoves 31 de outubro ás 00.00h no porto da Guarda.
Sacaráselle unha fotografía ao escaparate (ou fachada) de cada local participante e subirase ao Facebook do Mercado do Reló. A imaxe do escaparate con máis "me gusta" será a gañadora e recibirá un diploma de honor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario