TINO
BAZ, “A VOZ DA MEMORIA”
-
Co salón de actos
do Centro Cultural e Social de A Guarda –
totalmente ateigado de público –, o cantautor guardés recuperou, cos seus
sentidos poemas, súa prodixiosa voz e súa exquisita música, á lembranza de
varios persoaxes populares.

Tino Baz, cantautor, gaiteiro e poeta de A Guarda
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Sobre un fondo de vellas imaxes recuperadas polos
promotores do Proxecto Socheo, nas que os protagonistas foron as mulleres,
homes e nenos, do pobo de A Guarda; o cantautor guardés Tino Baz Baz, fixo unha
introducción oral do que será o seu próximo traballo discográfico “A voz da
memoria”.
Con unha persoalísima linguaxe poética, Tino Baz,
gaiteiro, músico e poeta, falou da súa herdanza xenética no amor ó canto, que
comparte cos seus e con todo o pobo. Referiuse tamén o seu vencello á Terra e o
seu compromiso vital, que certamente nel non é unha pose, senón que todos os
que o coñecemos o acreditamos.
Logo escomenzaría a cantar sen acompañamento algún,
para a continuación coller un tambor e como tal vez o fixeron nosos
devanceiros, os poboadores dos castros, face-lo soar, con un ritmo cadencioso,
sutil e potente o mesmo tempo.
Tino Baz interpretou coa súa voz
rotunda e súa guitarra acúsica, varias pezas en solitario, e tamén acompañado por
amigos de seu, como Álex Ríos, o órgano; Nachito Álvarez, o acordeón, tamboril
e voz; Moisés Guintas, á guitarra. Tamén aportaron súas fermosas voces, Carmen
Baz, irmá de Tino, e Rocío Leiro, que en verbas do própio cantautor, faille
sentirse como un “un principiño feliz”.
Previa á interpretación de cadanseu
tema, Tino Baz fixo unha sipnose explicativa, partindo sempre do recoñecemento
os valores humáns de persoaxes como Arminda [Gómez Martínez] dos Pantalóns, A
Xuliva, o pintor Rafael Barbosa - falecido fai un mes -, ao ex-xogador local de
fútbol, David Parada Fernández,...e tamén, na irmandade dos pobos, a Tuco, o
avó de Jimena, unha moza chilena que con seu compañeiro Darío, reside no pobo
de A Guarda.
Tino Baz e seus amigos, saudando o público, o remate do concerto
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Tino
Baz interpretou temas con letras e músicas própias – entre elas “Cantarei,
cantarei, cantarei”, “Na praza liberada”, cuios estribillos coreu o respectable
público -, e unha cantiga que entre outras, onte estreou, e que leva por título
“O Balcón do Tempo”, baseada nunha poética imaxe onde á pedra, a luz, o ceo e a
Lúa en cuarto minguante, son os protagonistas, e que a fotógrafa Lorena
González, de Oia, soubo captar no Mosteiro de Santa María de Oia - así como tamén de poetas como Marica Campo –
“Cinsa namorada” -, Manuel Curros Enríquez – “O Maio” -, Rosalía de Castro - para
quen Tino Baz tivo a feliz iniciativa de compoñer música a ritmo de tango, para
un dos seus poemas, a xeito de particular homenaxe á Cantora do Sar, co gallo
do 150 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos” - ..., para rematar
súa xenerosa actuación con unha lembranza o cantautor Suso Vaamonde, con quen
Tino Baz tivo un vencello de irmandade artística.
Desde o seu saber estar e saber ser,
seu agradecimento os seus proxenitores, sen os cales, el afirma que non sería o que e, Tino Baz, demostrou unha vez máis, seu poder de convocatoria, porque é
un artista total, que como ben nacido, sabe ser agradecido. Ainda que deberan
ser outros os que lle souberan agradecer a Tino Baz súa profisionalidade, seu
agarimo polo pobo, e dunha vez por todas, escomenzaran a pór as bases para á
criación de un auditorio con capacidade suficiente, alomenos semellante a que
tivo o desaparecido Teatro-Cine Avenida, de A Guarda. Para que actuacións como á de Tino Baz, tanto
cando presentou seu primeiro traballo discográfico “Cinsa Namorada”, como na de
onte, puidese acoller non somentes ás máis de duascentas persoas que lograron
entrar no salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, senón a
outras tantas, que non puideron acceder e disfroitar con unha brillante actuación
de uns 90 minutos de duración, na que artista e público, estiveron en total
complicidade. Para que logo digan que ninguén é profeta na súa terra.
Tino Baz demostrou, unha vez máis, que
ademáis de ser unha gran persoa, con unha grandísima altura humana, é un gran
músico, un gran poeta e un gran comunicador, con unha formidable fluidez
verbal, que nos amosa seu transparente interior persoal.
O pobo de A Guarda,
sabe apreciar á labor de Tino Baz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario