OPINIÓN
O IMPRESIONANTE CONCERTO DE TINO BAZ NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA PON EN EVIDENCIA, UNHA VEZ MÁIS, A INSUFIENZA DO AFORO
Anselmo Martínez Pena / A Guarda
Impresionante o Concerto de Tino Baz no Centro Cultural de A
Guarda. Gracias Tino.
Agora, amigo Tino, diríxome a ti e poño unhas cantas
reflexións como se falase contigo cara a cara despois de rematar o Concerto, e
logo do “xabón” inmerecido que lle deches a Concellería de Cultura do Concello.
Xa vai sendo hora de que eles correspondan, non contigo, que, según ti dixeches, fixérono de abondo ao deixarte facer o concerto aí no
Centro Cultural. ¡Faltaría máis! ¡Igual pensan que é deles! Con concertos como o
de hoxe; tí, si que lle das a eles.
Por iso é que teñen que corresponder xá, é con toda esa xente
que non poido entrar no local, xa que con un aforo de 186 persoas sentadas non
é milagre que actuando un artista como tí es, teñan que quedar sen gozar do
Concerto outras tantas persoas como as que había dentro, iso polo pouco. A os
que nos gobernan xa poden ir póndose as pilas e facer algo mais digno de un
concerto como o de hoxe. Deberían sentir vergoña é pensar que os cartos que se
gastaron en facer cousas inútiles non tiveron a visión de ser previsores e
facer algo axeitado para o desenvolvemento da cultura, ao menos cando as vacas
eran gordas. Agora dirán que a crise non lles deixa manobrar como eles
quixeran. ¡Que van dicir! A necesidade dun local un pouco decente para estes
eventos non é cousa de hoxe, xa ven de fai moitos anos atras, e eles tamén o
saben, porque llo dixeron e gritando, pero sempre oídos xordos.
Tino,
atrévome a dicir que en nome de todos cantos tivemos a sorte de estar dentro da
sala, moitas gracias, pero un sentimento negativo terán todos aqueles que non
puideron entrar.
Un
aperta, amigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario