15 de out. de 2013

A GUARDA

TEMPO DE SAMAÍN
Do 21 de outubro ao 10 de novembro



Mercado do Reló / A Guarda


Achégate a A Guarda do 21 de outubro ao 10 de novembro e ven celebrar cos comerciantes guardeses en honra aos nosos antepasados, "Tempo de Samaín". O Samaín é unha festividade pagana de orixe celta e de gran influencia da Europa da antigüidade, actualmente comercializada a nivel mundial polos americanos baixo o nome de Halloween. Nun intento por retomar este resquicio da nosa cultura o Mercado do Reló organiza gran variedade de actos:


Gran tirada de lanternas luminosas
Concurso de escaparates
Magosto de pedras dos desexos
Talleres encantados de papel e maquillaxe
Degustación de brebaxes especiais para nenos
Procesión cantar dos alaridos (Xamaraina)
Danza dos esqueletos (Xamaraina)
Paseo das sombras
Gran Queimada

Ningún comentario:

Publicar un comentario