28 de set. de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 27 Sep 2013 03:33 PM PDT
couso teton 2013 7Desde a Concellaría de Vías e Obras do Concello de Gondomar infórmase de que se están a limpar as pistas forestais afectadas “polos incendios que asolagaron Gondomar nas pasadas semanas”, co obxectivo de evitar que as cinzas cheguen ás casas próximas ou ás estradas e camiños da contorna. Esta é a primeira comunicación pública da administración local co respecto a intervencións relativas á cadea de incendios que arrasou centenares de hectáreas do municipio. Durante os incendios, tiveron lugar varias denuncias de veciños e colectivos que alertaron do mal estado de conservación dalgúns destes camiños forestais, que en moitos casos dificultou as tarefas de combate dos brigadistas e maquinarias de apoio.
 
Posted: 27 Sep 2013 05:33 PM PDT
LeoKch-saca-novo-disco-Gritos-en-silencioRap costeiro e comprometido. Así podemos definir a proposta musical de Leö Kch, este rapaz de Camiños Chans, en Brens, Cee, que leva varios anos detrás do micro berrando en silencio contra as inxustizas.
 
Posted: 27 Sep 2013 04:57 PM PDT
ivan ferreiro-O novo disco de Iván Ferreiro “Val Miñor - Madrid. Historia y cronología del mundo”, comeza a “rular” polo mundo en diante.
-Por primeira vez na carreira en solitario de Iván Ferreiro (Nigrán, 1970), o seu disco poderá adquirirse tamén en vinilo.
 
Posted: 27 Sep 2013 12:26 AM PDT
Rajoy, Feijóo e Louzán dan a saída de La Vuelta 2013/ José ChazoO presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, botou a casa pola fiestra durante a pasada edición de La Vuelta. E que só para os gastos de publicidade, mercadotenia, promoción e comidas destinou máis de 296.000 euros. E iso sen contar o custe da famosa batea desde a que saíu a carreira  --que se fixo para a ocasión-- e o do patrocinio desta edición ciclista.
 
Posted: 27 Sep 2013 12:20 AM PDT
Marta DacostaEstamos na recta final da aprobación da LOMCE e temos a responsabilidade de facer visíbel a nosa oposición.
Cheguei á Universidade con escasos coñecementos da historia do meu país, a maior parte deles adquiridos grazas ao traballo realizado polo profesorado de galego, o único que naqueles anos me falaba na miña lingua e da miña realidade.
O mesmo aconteceu coa xeografía de Galiza. Tiven que memorizar até o castigo da copia reiterada os nomes dos afluentes dos ríos do Mediterráneo, ou do centro da Península, mais ninguén me falaba do Umia, Ulla, Sar, Tambre, Xallas, etc. E outros tantos accidentes e lugares deste país noso que non aparecía nos libros.
 
Posted: 26 Sep 2013 03:41 PM PDT
capaREM10-11001Este venres 27 de setembro ás 20:30 horas tivo lugar a presentación do exemplar Nº 10/11 da Revista de Estudos Miñoranos. O acto, desenvolveuse na Aula de Cultura Ponte de Rosasa (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), e contou coa presenza de Xosé Ramón Ojeda, David Reinero, Xilberte Manso e Xulián Maure. Durante a presentación, o músico Fernando Blanco, interpretou un selecto repertorio de pezas da súa autoría. Haberá exemplares da revista á venda, a un custe de 12 euros.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario