18 de xuño de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 17 Jun 2013 07:55 AM PDT
16-06-2013-lixo-zamans-1-Unha limpeza de 200 metros organizada polo Proxecto Ríos recolleu máis dunha tonelada de lixo da canle e beiras do Zamáns nunha xornada de voluntariado desenvolvida o domingo pasado.
-Os voluntarios detectaron no Pego Negro a permanencia dun entullo de terra e pedra de grandes dimensións que leva dous anos no enclave.
 
Posted: 17 Jun 2013 08:25 AM PDT
Anova Baiona celebrará o vindeiro sábado 22 de xuño, a "Primeira Travesía en defensa do Mar e a Terra". Os organizadores informan que trátase dun acto aberto que consistirá nun percorrido en barco polo mar de Panxón e Baiona ademais do desembarco durante dúas horas nas Illas Cíes. Segundo explica o voceiro nacionalista Antonio Espinar, os asistentes "poderán coñecer a bordo as explicacións sobre a riqueza da nosa terra e o noso mar, mediante proxeccións e exposicións". Tamén haberá contacontos, obradoiros e música.
 
Posted: 16 Jun 2013 07:28 PM PDT
Momento do debate no plenoO goberno de Nigrán leva a adiante a aprobación do PXOM en solitario. Os grupos da oposición votan en contra  nun debate de cruce de acusacións sobre a responsabilidade do documento.
O alcalde asegura que o polémico vial Saiáns - Porto do Molle - Ramallosa é mellor que o trazado do plan Vigo Intégra do bipartito galego, e que a diferenza está en que este trazado discurre por terreos rústicos e que non afectará a ningunha vivenda.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario