Os expertos de varias das oficinas da provincia
teñen xa concertadas citas para atención individualizada para os vindeiros dous
días
AS OFICINAS DE ASESORAMENTO LEGAL A AFECTADOS POR PREFERENTES ATENDERON NO
SEU PRIMEIRO DÍA A MÁIS DE 100 USUARIOS
· Os principais motivos
de consulta foron os datos concretos de cada quita e se o mecanismo de liquidez
pecha as portas á vía xudicial
As oficinas de asesoramento legal a afectados por
preferentes postas en marcha hoxe pola Deputación Provincial de Pontevedra e a
Unión de Consumidores de Galicia recibiron neste primeiro día de funcionamento
un total de 108 consultas.
A elevada demanda de información e asesoría legal foi tal
que en varias das oficinas abertas nas diferentes comarcas os expertos que
atenden de forma individual a cada usuario concertaron xa citas para os
vindeiros dous días.
A maioría dos que acudiron a estes puntos de asistencia
xurídica fixérono interesados pola súa situación concreta tras a quita, debido
á desconfianza que lles xeran as cifras que a entidade financeira facilita.
Outro dos motivos que máis consultas orixinou foi a
dúbida sobre se unha vez que os afectados acoden ao Fondo de Garantía para
darlle liquidez ás súas accións tras o canxe se pecha ou non a vía xudicial;
así como as posibilidades do usuario de recuperar os seus cartos pola vía da
arbitraxe.
Documentación
precisa
Todas as consultas foron atendidas con todo detalle, pero
neste primeiro día de funcionamento foron moitas as persoas que acordaron xa
cita para próximas xornadas, co obxectivo de acudir á oficina con toda a
documentación que permita afondar en cada caso concreto.
Neste sentido, e dado que estas oficinas ofrecen
asesoramento individualizado, baseado no estudo detallado de cada caso, é
recomendable –para evitar ter que acudir dúas veces á oficina- que os usuarios
acudan a elas con documentación relativa á contratación das preferentes ou
subordinadas, como pode ser, en caso de que lle foran facilitados:
· Contrato de depósito e administración de valores
· Orde ou ordes de subscrición de participacións
preferentes e ou obrigacións subordinadas
· Documentación
ou informe sobre a rendibilidade do produto
· Cuestionarios Mifid, conveniencia e/ou idoneidade
· Información precontractual (folleto, tríptico, etc)
· Ordes de venda dos produtos
· Calquera outro documento relacionado coa contratación das
preferentes e subordinadas e que se tivera asinado polo solicitante con
anterioridade ou posterioridade á data de contratación.
Ademais, aquelas persoas que precisen asesoramento en
relación ao proceso de quita, troco ou mecanismo de liquidez, deberán achegar o
documento entregado polo banco para expresar a opción entre depósito ou accións,
para os titulares de obrigas subordinadas con vencemento e o formulario do banco
para a venta de accións ao Fondo de Garantía de Depósitos.
Consultas por
zonas
A oficina que recibiu un maior número de consultas foi a
situada na sede da Deputación provincial en Pontevedra, onde esta mañá foron
atendidos un total de 17 casos. Isto foi posible debido a que, ante o elevado
número de solicitantes, o punto de información mantívose aberto hora e media
máis do previsto.
Un número moi similar se atendeu na oficina de A Estrada,
con 16 usuarios, mentres que en Lalín foron 12 as persoas que acudiron en busca
de asesoramento legal neste primeiro día.
En Ponteareas atendeuse a un total de 14 usuarios ao
longo da mañá, mentres que en Cangas, Vigo e Redondela foron 11 consultas as
atendidas en cada unha.
En Tui só se puideron atender 7 persoas, debido a que en
todos os casos se requiriu dunha atención moi pormenorizada, cunha dedicación
mínima de media hora a cada caso.
CASUÍSTICA E RESUMO 1ª XORNADA DE ATENCIÓN OS AFECTADOS NAS DIFERENTES OFICIÑAS ABERTAS NA PROVINCIA POLA DEPUTACIÓN E A UNIÓN DE CONSUMIDORES DE GALICIA
CASUÍSTICA E RESUMO 1ª XORNADA DE ATENCIÓN OS AFECTADOS NAS DIFERENTES OFICIÑAS ABERTAS NA PROVINCIA POLA DEPUTACIÓN E A UNIÓN DE CONSUMIDORES DE GALICIA
CAMBADOS
Atendidas………………………..9 personas
Acudiron á oficiña…………..20
Citas para mañá……………..
Aspectos consultados: a proposta de liquidez, a
reclamación trala quita e qué abogados poden asumir a súa defensa.
PONTEAREAS
Atendidas…………..14 personas
Acudiron……………35
Citas para mañá….10
Consultas: a arbitraxe, os custes da via xudicial.
CANGAS
Atendidas………….11 personas
Acudiron…………..25
Citas para mañá….12
Aspectos: se o canxe evita reclamar en vía
xudicial e din que non se fían das contas do banco na quita e liquidez.
TUI
Atendidas…………..7
Acudiron…………..30
Citas para mañá…8
Aspectos consultados: dubidan se son correctas
as propostas económicas do banco na quita e canxe e demandan datos si compensa
acudir á via xudicial cando se perdepoucona quita.
A ESTRADA
Atendidas………….16
Acudiron…………..25
Aspectos consultados: dudan dos cálculos do
banco na quita e demandan reserva de accións legais.
REDONDELA
Atendidas…………….11
Acudiron……………..30
Aspectos consultados: quita, canxe e liquidez;
custes da vía xudicial; posibilidades da arbitraxe.
LALÍN
Atendidas……….12
Acudiron…………20
Aspectos consultados: ata cando poden ser
aceptadas as arbitraxes, viabilidade da vía xudicial; conveniencia da
viaxudicial.
VIGO
Atendidas………..11 personas
Acudiron…………35
Citas para mañá…..17
Aspectos consultados: quita, canxe e liquidez;
viabilidade da acción xudicial logo da canxe e liquidez.
PONTEVEDRA
Atendidas……………..17
Acudiron………………50
Citas para mañá…….14
Ningún comentario:
Publicar un comentario