CONVERXENCIA GALEGA AFIRMA QUE A DEIXADEZ E ABANDONO DO EQUIPO DE GOBERNO MUNICIPAL IMPIDE O
NORMAL FUNCIONAMENTO DO XULGADO DE PAZ
Nestes días se están dando acontecementos, que se non foran en desmellora dos servicios públicos e da atención aos veciños, poderían causar risa ou vergoña allea.
Cando unha persoa acude o Xulgado de Paz de A Guarda, pode atoparse ca sorpresa que a documentación que vai solicitar non se atope informatizada, e somentes exista en papel nos libros de rexistro de fai cen ou máis anos, polo que para facilitar unha certificación, os/as funcionarios deste organismo precisen facer unha fotocopia do documento.
Queremos deixar moi claro, que a profesionalidade do persoal adscrito o Xulgado de Paz de A Guarda, supera a función normal, e axudan e colabouran na medida das súa posibilidades a arranxar calquer problema.
No caso do que está acontecendo nestes días, sen que se vexa ningunha intención por parte do Equipo de Goberno Municipal de darlle unha solución a esta situación, conleva, que dende o Xulgado teñan que subir cos libros o Concello (no mellor dos casos) por ter averiada a fotocopiadora existente nas súas dependencias, e non ser arranxada pola empresa que leva o mantenimento, non o leva a cabo, polos atrasos nos pagos das facturas por parte do Concello.
Non sabemos donde quedan os grandes discursos e notas de prensa dos concelleiros do PSOE, especialmente da responsable da Facenda Municipal sobre as grandes medidas de aforro que habían tomado no noso Concello e o cumplimento nos pagos a proveedores, principalmente aos máis pequenos e os da localidade.
Namentras presumen que hai cartos para grandes eventos, os servicios municipais están sendo colapsados por impagos a proveedores, o que fai que cada pouco teñamos que ver como se levan a Pleno Recoñecementos Extraxudiciais de Pagos, para facerlle fronte a factos con atrasos de máis dún ano.
Están mui ben os grandes discursos cara a fora, pero a realidade é que cada día temos máis débedas e atrasamos os pagos en duración que está penadas pola Lei de Morosidade.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar que se proceda da maneira máis urxente a arraxar esta problemática que non só paraliza o desenvolvemento normal do Xulgado de Paz e está provocando problemas cos usuarios do mesmo.
A Guarda, a 15 de xuño do 2.013
Beatriz Estévez Álvarez
Sr. Alcalde-Presidente de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario