13 de abr. de 2013

VAL MIÑOR


Posted: 12 Apr 2013 01:42 PM PDT
trial-galinheiro
- Por terceiro ano consecutivo a asociación Galicia Máxica Trail Adventure (GMTA), en colaboración co Concello de Gondomar, organiza unha das súas probas máis emblemáticas, a que pechou a súa primeira tempada, no ano 2011, como gran fin de festa: o Trail Serra do Galiñeiro.

 
Posted: 12 Apr 2013 09:25 AM PDT
pan trigo
A Asociación Chandebrito 1807 organiza un obradoiro de pan ecolóxico no seu local social (antiga escola de preescolar da parroquia) o sábado 11 e o domingo 12 de maio, impartido polo biólogo, investigador e permacultor César Lema, que conta cunha ampla experiencia neste eido.

 
Posted: 12 Apr 2013 10:23 AM PDT
Fresón de Leboso - Foto By Fundación Galicia Verde
O vindeiro domingo, 14 de abril, a Fundación Galicia Verde celebra na súa sede de Leboso (Forcarei-Pontevedra) a Terceira Feira de Sementes e Plantón Ecolóxicos.
Na feira, a máis doutros produtores, estará a Rede Galega de Sementes, coa se que poderá facer troco de sementes, a maiores das propias sementes da Fundación Galicia Verde, froito do traballo do ano pasado e que foron obtidas sen utilizar ningunha substancia química de síntese, como sempre debería facerse.

 
Posted: 12 Apr 2013 04:53 AM PDT
nornas-lectura
-Con actividades lectoras e espectáculos para todas as idades, Espazo Lectura bota a andar unha nova Semana do Libro e a Lectura en Gondomar a celebrarse do 22 ao 27 de abril.

 
Posted: 12 Apr 2013 02:23 AM PDT
Mina do Burato dos Mouros
A explotación de ouro que pretende sondear na parroquia de Pinzás no linde con Gondomar, o consorcio anglo-canadiano Medgold xa foi investigada a finais dos anos oitenta polo ITGE, actual IGME --Instituto Geológico y Minero de España-- nun estudo no que realizaron excavacións non autorizadas xa que incluiron parte da mina romana que alí se atopa e que aparece no Catálogo de Xacementos de Patrimonio Arqueolóxico da Xunta.

 
Posted: 12 Apr 2013 02:54 AM PDT
Imaxe arquivo do anterior torneo de badminton escolar
O vindeiro venres día 24 de Maio nas instalacións deportivas do Pavillón Escolar de Covaterreña en Baiona, a Concellaría de deportes do Concello de Baiona en colaboración coa Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bádminton organizan unha nova edición do Torneo Escolar de Bádminton para o Val Miñor. Torneo que se agrupa dentro da programación deportiva do Deporte en idade escolar.

 
Posted: 12 Apr 2013 01:09 AM PDT
Refuxio de Armenteira - Imaxe Diputación Pontevedra
O servizo será ofrecido pola empresa pública Tragsa

As solicitudes deberán remitirse á Concellaría de Medio, ou no seu defecto á Policía Local
 
Posted: 11 Apr 2013 04:02 PM PDT
ETAP nigran condominguez
O Consello da Xunta aprobou finalmente este xoves un "acordo de colaboración técnico-financieira" co concello de Nigrán que permitirá levar a cabo as obras de mellora na estación de Condomínguez para o tratamento de auga potable (ETAP). Esta actuación contará cun orzamento de 1,1 millóns de euros. O préstamo da Xunta para ampliar a ETAP de Nigrán deberá ser amortizada, con xuros en 20 anos, polo municipio que trasladará finalmente aos recibos dos veciños de Nigrán incrementando o prezo do subministro.

 

Fonte: valminor.info

Ningún comentario:

Publicar un comentario