- 65.000€ para a colocación das novas duchas re-pago dos areais de Nigrán
- III Campionato de natación escolar do Val Miñor
- Curso de iniciación á cociña para homes
- Tras a arquitectura.
- Mercadillo do alumnado do CEP de Sabarís
|
Posted: 27 Mar 2013 08:53 PM PDT
O portavoz de UCN vota en contra da proposta de colocar un sistema de duchas de tarxeta pre-pago nos areais de Nigrán.
O concello pretende con esta medida racionalizar o usa da auga nas duchas e lavapés públicos.
Fernández pon en dúbida a efectividade da medida dada a incomodidade do procedemento de pago así como o elevado custe que terán as citadas duchas intelixentes que rondará os 65.000€.
|
|
Posted: 27 Mar 2013 08:20 PM PDT
O próximo Domingo 7 de abril nas instalacións deportivas da piscina Mancomunada do Val Miñor, na Ramallosa, o Departamento de Deportes Baiona en colaboración coa Secretaría ou Xeral Deportes, Mancomunidade do Val Miñor, agrupación Escolar do Val Miñor e Serviocio, organizan a terceira edición do Campionato de natación escolar do Val Miñor 2013.
|
|
Posted: 27 Mar 2013 01:28 PM PDT
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información á Muller, abre o prazo de inscrición para un curso de iniciación á cociña, unha acción enmarcada dentro do II Plan de Igualdade municipal.
O curso ten como obxectivo principal a adquisición de habilidades básicas entre os fogóns, e impartirase entre o 16 de abril e o 2 de maio, os martes e mércores de 17.00 horas a 19.30 horas nas instalacións do Restaurante O Queimada, na Carrasca.
|
|
Posted: 27 Mar 2013 11:54 AM PDT
Convido a quen teña interese pola boa arquitectura, por sentir algunha das máis íntimas emocións provocadas por esta disciplina artística, a visitar Viana do Castelo. Quen o faga terá ocasión, se lle peta, de percorrer a historia mentres acariña pedras vellas sabiamente labradas, de entrar en contacto cos ferros e obras do XIX, de transitar polo racionalismo do XX e de tocar a contemporaneidade, e, dentro desta e, enténdase, argumento principal para a publicación deste artigo, deleitarse cunha peza portentosa. Se ademais media afección polos libros e a lectura, a ocasión será practicamente única.
|
|
Posted: 27 Mar 2013 11:46 AM PDT
Os alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEP Sabarís organizan un mercadillo para recaudar fondos para a excursión de fin de curso. Os días 29 e 30 de marzo (de 12horas a 19horas de xeito ininterrumpido) no edificio antiguo do Mercado da Fruta de Sabarís (Baiona).
O mercadillo ofertará a venda de libros, xoguetes, DVDs, roupa, material escolar, etc, que foron reunindo coa colaboración de todos os alumnos e alumnas do colexio.
Fonte: valmiñor.info
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario