|
Posted: 05 Feb 2013 04:49 PM PST
A denuncia de Esquerda Unida publicada na tarde do pasado luns por Valminor.info sobre a proposta de reestruturación feita por Automóviles de Tuy, S.A. (ATSA) á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas provoca ducias de pronunciamentos críticos nas redes, así como comunicados e a toma de medidas por parte de varios grupos políticos. Aos foros informativos xa anunciados por EU en Nigrán e A Guarda, sumarase unha recollida de sinaturas en Gondomar proposta polo BNG, varias mocións de urxencia nos plenos comarcais e a promesa do alcalde Alberto Valverde de Nigrán (en calidade de presidente da Mancomunidade), de estudar o caso para que os veciños do Val Miñor non sexan afectados polo axuste.
|
|
Posted: 05 Feb 2013 03:03 PM PST
O grupo nacionalista de Gondomar proporá a realización dun concurso de ideas para darlle unha solución eficiente ao problema dos asolagamentos na vila de Gondomar. Ao mesmo tempo, pedirá no vindeiro pleno ao goberno municipal o retiro do proxecto de construción dun muro de contención no Campo das Cercas, por entender que o mesmo agravaría máis a situación.
|
6 de feb. de 2013
VAL MIÑOR
Publicado por
Infogauda
ás
23:36
((•)) Escucha este post
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario