O ALCALDE DE OIA DEBE RECTIFICAR PÚBLICAMENTE
José Miguel Giráldez
Concelleiro do Grupo Municipal do BNG no Concello de Oia
No pleno ordinario do
pasado 30 de novembro, tratouse a "Moción do BNG sobre o uso de
medios municipais para uso particular" na que instaba o Concello de
Oia a tratar a todos os veciños por igual no uso dos medios municipais para a
limpeza das fosas sépticas da veciñanza do municipio e no debate da mesma
solicitouse que se regulase mediante unha ordananza a prestación do dito
servizo. Na reposta á dita moción o alcalde faltou ao respecto a
representación democrática dos veciños e veciñas do Concello de Oia. Durante
estos 3 meses, o Alcalde tivo tempo suficiente para reflexionar, pero no pleno
de hoxe non se retractou polo que os concelleiros e concelleiras do BNG e
PSOE abandonan o pleno, ata que non faga pública unha rectificación.
“ Jose Miguel Giráldez
Martínez (…), expoño:
a) Que o Partido Popular, por boca do presidente do goberno e tamén do presidente da Xunta de
Galicia, alude de forma reiterada á exemplaridade nas conductas dos membros do Partido Popular.
b) Que o propio Partido Popular alude reiteradamente á necesidade de ter saneadas as arcas públicas, á
capacidade de xestionar a administración pública con vocación de servizo,
renegando de beneficiar a amigos ou coñecidos a través de favores políticos,
caciquismo ou clientelismo.
c) Que tales actitudes
ou conductas responden a unha forma de facer política que corresponde ás
paxinas máis escuras da historia de Galicia do século XIX e principios do XX,
sobre todo nas zonas máis pobres, atrasadas, económica e socialmente
dependentes dunha administración pública, dos favores, do amiguismo, dos
enchufes e outros vicios políticos desaparecidos dos paises democráticos e
avanzados.
d) Que na acta da sesión
ordinaria da xunta de goberno local do 09.08.2012 recóllese que o concelleiro
Sr. Camilo González, pese a que a secretaria o informou de que non
procede a realización de servicios a particulares con medios humanos e
materiais do concello, decidiu baixo a súa responsabilidade limpar unha fosa
septica particular utilizando o tractor e cisterna municipais.
PROPOÑO:
Que o pleno do concello
de Oia adopte os seguintes acordos:
1. Que o Partido Popular
e a alcaldía fagan público o seu rexeitamento deste tipo de conductas e
actitudes de políticas clientelares, paternalistas e caciquís, emitindo un voto
expreso de censura a este tipo de actividades e favoritismos que poñen ao
concello de Oia como un punto negro da Galicia profunda.
2. Que o concelleiro Sr.
Camilo González, xa que se lle aprecia un afán personal polo voluntariado e
pola axuda altruista a quen o necesita, que o faga no seu tempo libre a conta
do seu peto, non a conta de toda a veciñanza. En consecuencia, que se valore
económicamente o que supuxo a limpeza da fosa septica co tractor e cisterna municipais
e que o Sr. Camilo González se faga cargo do pagamento deste gasto, pois
segundo consta na acta sinalada, dixo que limpaba el a fosa séptica baixo a súa
responsabilidade.”
A continuación o Sr.
Alcalde da lectura a un escrito que trae preparado para darlle resposta ao
concelleiro:
Efectivamente Sr. José
Miguel, os Presidentes do Partido Popular tanto de España como de Galicia
aluden a exemplaridade dos cargos electos de tódolos partidos políticos
especialmente os do PP. Sin embargo desgraciadamente non se acaba de conseguir
en todo o Estado Español o fin que nos propoñen, porque cada pouco tempo os
medios de comunicación infórmannos de novos casos de corrupción o longo da
Xeografía Nacional, donde se imputan a Alcaldes, Concelleiros, Presidentes das
Administracións de todas cores políticos.
E vostede que tanto
defende o BNG, imaxino que debe saber e recoñecer, que unha das facturas por
gastos de protocolo pagadas pola Xunta de Galicia, sorprenderon enormemente os
actuales gobernantes. Correspondía a unha viaxe realizada pola
exconselleira de cultura Ánxela Bugallo a Cuba concretamente para participar na
feira do libro de La Habana. A propia ex-conselleira compareceu no Parlamento
Galego e explicou que os billetes de avión costaron 150.000 euros, mentras que
os gastos por aloxamento ascenderon a 87.000 euros e que o custe total da
excursión ascendeu a 1.3 millons de euros o sexa 216 millóns das antigas
pesetas.
Por outra banda Sr. José
Miguel o ex-conselleiro de Industria, Sr. Fernando Blanco, dimitiu como
diputado do Parlamento Galego o estar imputado supostamente por casos de
corrupción.
Vostede tamén sabe que
unha empresa de cargos do BNG logrou 1.1 millons de euros o sexa casi 183
millons de pesetas, en contratos cando gobernaba o bipartito.
Refírome a empresa
Carrumeiro Media fundada en un piso xunto a sede do BNG por altos dirixentes de
esta formación que durante a época do bipartito recibiu 78 contratos.
Cabe destacar que a
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e concretamente o departamento de
Anxo Quintana otorgou a empresa constituida polo que fora o seu
secretario de Organización cando lideraba o BNG contratos por casi
750.000 euros en pouco mais de un ano. A firma cobrou por camisetas, chapas e
sombreiros de palla, por material para o Consorcio de asuntos sociales.
Outros 180.000
euros. por organizar concertos para o día Internacional do Voluntariado.
E por servizos para poñer en marcha centros de día 68.440 euros.
A Conselleria de
Industria do cal era Xefe de Gabinete Xoan Manuel Bazarra, outro dos
fundadores de Carrumeiro Media otorgoulle a firma 330.000 euros en
contratos, uns dende a Consellería e outros a mayor parte 303.000 a
traves da Sociedade pública Galicia de Calidade. Esta entidade pagou a
empresa por organizar feiras y actos, custodiar y montar stands, aluguer de
mobles e pantallas plasma.
A Consellería de Medio
Rural, o departamento do que era secretario Xeral outro dos creadores da
empresa tamen abxudicou a Carrumeiro Media 34.700 euros en contratos para
editar publicacións sobre asuntos agrarios y para a organización de campañas de
promoción.
O sexa medalla de ouro,
medalla de prata e medalla de bronce.
Despois de esto
comprenderá que o Sr. Rajoy e o Sr. Feijoo non se cansen de transmitirnos a
todos en xeral a gobernanza con exemplaridade.
Sr. José Miguel cando se
intenta ofender hai que ter un criterio do cal Vostede carece.
Por eso non me queda
outro remedio que afirmarlle e o mesmo tempo contradicirlle que no
Concello de Oia, descoñezo prácticas caciquís, clientelismo, beneficios a
amigos, favores políticos, etc. E a partires de mediados do ano 2003 podo
garantirllo.
E a forma de facer
política do século XIX que tanto vostede critica aplíquella os que lle
mencionei anteriormente e a o partido ou formación que vostede representa neste
Concello de Oia.
Sr. José Miguel vostede
vive nas antípodas.
A vostede metéronno
nunha secta da que non e capaz de saír.
A pregunta que me
corresponde facer é: ¿Por qué Vostede e o seu partido viven permanentemente
anclados no pasado?.
A resposta na miña
opinión é evidente: Porque a Vostede lle comeron o tarro cando cursaba os seus
estudos e sigue pensando que no Concello de Oia seguimos vivindo no século XIX.
Sr. José Miguel: Vostede
criouse nunha casa que foron capaces de construir os seus pais con habitacións
e baños.
Vostede non se criou
facendo a comida dos aeu pais ou dos seus avós nunha lareira, e non viu nas
citadas vivendas o pote encima dun trípode.
Vostede non tivo que
facer as suas necesidades fisiolóxicas e corporales na leira, tanto na sua
casa como nos distintos colexios polos que pasou.
Vostede nunca tivo que
andar diante dos bois cun arado nin diante dun carro de vacas ou bois.
Vostede nunca foi moer o
gran para facer o pan a ningún muño de Viladesuso.
Por todo o exposto non
existe en Oia o que vostede denomina a “Galicia Profunda”.
Sr. Miguel pídolle por
favor que faga un esforzo intelectual e sitúese na realidade. Nos tempos que
corren non me imaxino concelleiros que vivan, pensen, sintan e convivan co
pasado.
Para rematar e despois
dos recortes que vostede e o seu partido propugnan a cada momento, en Galicia a
Seguridad Social, ainda ten hoxe en día, psicólogos, psiquiatras e outros
especialistas para a cura de enfermidades crónicas do sistema nervioso, para a
cura das enfermidades de transtornos mentales que poden gratuitamente alinear e
poñer a punto a sua cachola. Por favor recoméndolle que solicite unha consulta
que vostede e moi novo e antes de que se perda de todo, poidan recuperalo e así
parecerse e pensar como a gran mayoría da sociedade galega e
española.
Entrando no fondo do
asunto paso a informarlle de que o día 6-08-2012 recibin unha chamada de
un veciño de Loureza que estaba desesperado.
Díxome que acababa de
pagar unha sanción por verquidos da sua fosa séptica o río Tamuxe.
Que estaban en plenas
festas patronais e a fosa séptica o encontrarse situada preto da praza donde se
celebran as festas temía que volvera a verter ocasionando malos cheiros e
novos verquidos o río.
Que xa fixera xestións
e varias chamadas telefónicas a empresas que se adican o vaciado de pozos
negros e non lle podían realizar o traballo nesas datas, que a preocupación
aumentáballe co paso das horas e visto que era incapaz de solventar o problema
ocurríuselle chamar o Alcalde solicitándome si lle podía enviar
excepcionalmente o tractor porque consideraba que se encontraba ante unha
emerxencia e non sabía como solucionala.
Respondinlle que o
sintía muitísimo pero que non podíamos facer eses traballos a particulares
e que estaba prohibido por Lei.
Contestoume que
polo río non circulaba a penas auga, que a escasos metros río abaixo
estaba cheo de xente bañándose e de producirse un verquido, podía contaminar o
río e acarrear grandes consecuencias medioambientales. A el levaríanno
para o cárcere aparte de volver a ser denunciado. Si poñendo o que
el consideraba unha emerxencia no meu coñecemento eu non podía facer nada.
Contestei informándolle
que se era unha emerxencia en pro de conservar e preservar o medio ambiente iba
a consultalo e en tal caso acudiríamos antes de que se causara un
desastre e prevenir males maiores.
Posteriormente falei
telefónicamente con Camilo (Concelleiro de Medio Ambiente) informándome que xa
consultara coa Secretaria da Corporación, e díxome que en calidade de
Concelleiro do Medio ambiente a responsabilidade en caso de producirse malos
cheiros ou verquidos, prohibición do baño, abastecemento de esa auga o Concello
de O Rosal, podría verse involucrado en responsabilidade civil e penal
por non tomar decisións tendo constancia de unha chamada de emerxencia.
Polo tanto e polos
motivos que expoño non se debe entender a frase “Baixo a miña
responsabilidade” como negarse o cumplimento da Ley ou simplemente facer
o contrario do que lle informou a Secretaria da Corporación; senón a sua
ou a nosa responsabilidade que temos os cargos electos si despois de unha
denuncia ou unha chamada de emerxencia non facemos caso e pola sua ou pola nosa
culpa contaminase o río, afortunadamente non foi así por haber tomado unha
decisión acertada.
Non temos que facer
público o noso rexeitamento porque cumprimos co noso deber tanto en este caso
como por exemplo, cando vostede criticou en outra sesión plenaria a precaria
actuación por parte dos chóferes e motobomba municipal o acudir a un lume
tamen nunha casa particular en Burgueira.
A parte última
contéstalla o Sr. Camilo.
O Sr. Camilo González
sigue decindo que se lle pide no texto da moción que abone do seu bolsillo os
custes que para o concello tivo a utilización da cisterna municipal no asunto
en cuestión e di que non tería ningún inconveniente en facelo se non fora
porque leva aforrado moitos cartos ao concello encargándose personalmente da
limpeza dos pozos de bombeo do alcantarillado municipal que, como saben o
facía Demain, e rescindiron o contrato no ambito do plan de axuste para
aforrar a principios deste ano; leva desde entón facéndoo el sen cobrarlle nada
ao concello así que non pensa pagar nada.
O Sr. Alcalde retoma a
palabra para insistir en que se tratou dunha actuación de emerxencia, por
consideración a unha persona maior e impedida que hai na casa e pola amenaza de
verquidos ao río, de reventar a fosa séptica en cuestión, polo que entende que
actuaron correctamente.
Volve a insistir en que
o Sr. Jose Miguel e as personas como el teñen algunha enfermidade mental que
deberían mirarse .
Neste punto prodúcese a
intervención airada dunha persona presente no público que avisa ao Sr. Alcalde
da posibilidade de querellarse contra el, de persistir na súa idea de que
os que non pensan como el son enfermos mentais, e esixe respeto para as persona
afectadas dunha enfermidade mental que non é ningunha broma.

Ningún comentario:
Publicar un comentario