4 de feb. de 2013

DEPORTES


2º POSTO PARA OS TEIXUGOS NA IV TAÇA IBÉRICA DE SLÁLOM

                Foto: Rosa Fernández


Informa: Rosa Fernández

O pasado domingo 3 de febreiro, en Covas, Vila Nova de Cerveira, tivo lugar a primeira competición de Slálom Olímpico da tempada 2013. Aínda que estaba prevista para a pasada fin de semana, o mal tempo obrigou ao seu aprazamento.
Organizada polas federacións galega e portuguesa contou coa participación de cinco equipos galegos e cinco portugueses. Tomaron a saída un total de 150 piragüistas das categorías cadete, infantil, xúnior, sénior e veterano, nas modalidades K1, C1 e C2. Esta proba considérase tamén a primeira da Copa Galega de Slálom, polo que puntúa para a Liga Galega.
O Club Deportivo Miño tivo unha moi boa actuación, conseguindo tres medallas de ouro: Andrea Ucha en K1 Muller Xunior, Marina Ruedas en K1 Muller Cadete e Claudia Otero en C1 Muller Cadete; unha de prata para Claudia Otero en k1 Muller Cadete e dúas de bronce para Brais Castro que fixo dobrou en K1 e C1 Home Cadete.
Na clasificación por equipos acadou o primeiro posto o Augas Bravas Clube de  Portugal, cun total de 233 puntos, seguido polos Teixugos con 200 e no terceiro posto o ADA de Amarante con 183 puntos. Na Liga Galega os Teixugos acadan polo tanto a primeira posición seguido do Club Tea de Mondariz con 189 puntos, e no terceiro lugar quedaría o Penedo de Caldelas con 98.

Ningún comentario:

Publicar un comentario