O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA CHAMALLE Á ATENCIÓN O GRUPO DE GOBERNO POLAS IMÁXENES DA DEIXADEZ E DESIDIA MUNICIPAL
Tras recibir a chamada dúns veciños da rúa Julián López, non é posible entender que despois de máis de TRES SEMANAS e con notificacións a Policía Local, a empregados do concello, pero fundamentalmente a membros do Equipo de Goberno, e diante do risco e perigosidade das baldosas desa rúa, a día de hoxe sigan esnaquizadas sin que se tome ningunha medida a fin de evitar que aconteza un percance a calquera das persoas que acuden a Praza de Abastos, ou viven por esa rúa. Hai que ter en conta, que alí hai tamén varios negocios e unha academia, a que acuden unha boa cantidade de nenos que en calque momento por despiste ou por non valorar o perigo existente, poidan soufrir un accidente. A situación vai levando a que cada quen dea unha contestación, sin que o resultado final se vexa por ningunha parte, pois debe ser moi difícil e moi costoso repoñer CATRO baldosas. Si como algún “jerifalte” manifestou é polos vehículos aparcados nas beirarrúas, no seu salario está, impartir as órdes a seus subalternos para que apliquen a Lei e non sigan malgastando papel en campañas que non conlevan a nada, non sabemos si por falta de operatividade ou pola propia inutilidade de quen as dicta. Menos mal que buscando unha solución, algún dos veciños está levando a cabo un estudio para facer unha recolecta popular a fin de financiar ditas obras. E inconcebible como se pode observar nos presupostos municipais, modificacións de partidas para “cuchipandas” e actos partidistas e de amigos, e logo non haxa diñeiro para materiais necesarios e urxentes. Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar do Equipo de Goberno Municipal, que se proceda da maneira máis urxente a levar a cabo os arranxos desta rúa, denantes de que aconteza calquer tipo de percance.
A Guarda, a 26 de Febreiro do 2.013
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario