Curso “Pais e nais eficaces” organizado polo IES A Sangriña aberto aos pais e nais da Guarda
O IES A Sangriña convoca un curso co título “Pais e nais eficaces” para a solución de conflitos na infancia e adolescencia, incluído no proxecto de Contratos-Programa. Esta actividade, que se leva a cabo coa colaboración do CIM e do departamento de Educación Familiar do Concello, realizarase nas dependencias do CIM da Guarda os días 4, 11, 18 e 25 de marzo a partires das 22 horas, estando aberta a inscrición - que se realizará ata o 4 de marzo, no IES A Sangriña ou no CIM -, a pais e nais de todos os centros educativos da Guarda. O curso, de carácter práctico, estará dirixido polo psicólogo Esteban Figueirido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario