- O BNG chama "botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de recorte", no mitin en Gondomar.
- Gondomar instala os polémicos colectores de recollida de roupa. Caridade ou negocio?
- Socialistas denuncian novamente as desfeitas que deixa o botellón d'A Ramallosa.
- Os traballadores do Parador de Baiona deciden entrar en folga de 48 horas a partir deste venres.
- Gondomar decide manter aos tres auxiliares de policías contratados polo verán até fin de ano.
- O miñorán Xosé Antonio Araúxo encabeza a xira electoral de AGE no Val Miñor e o Baixo Miño.
- Veciño de Gondomar detido por presunto roubo de xoias en varias fincas da bisbarra.
Posted: 10 Oct 2012 04:48 PM PDT
O Bloque Nacionalista Galego pediu o voto dos cidadáns miñoranos para "botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de recorte", no mitin celebrado onte na Casa da Cultura de Gondomar. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carlos Aymerich, defendeu que só hai un camiño: "depositando a confianza no Bloque Nacionalista Galego o vindeiro 21 de outubro". Na súa intervención asegurou que o BNG "nunca favorecerá os recortes, como fan outras forzas políticas en Andalucía ou Estremadura",en directa alusión ao PSOE e Esquerda Unida.
|
Posted: 10 Oct 2012 03:26 PM PDT
Dous colectores de roupa usada e calzado pertencentes a Jóvenes Unidos por el Desarrollo Medioambiental S.L. foron instalados nestes días na vila de Gondomar con autorización do Concello. A empresa, con domicilio fiscal en Toledo, defínese no Rexistro Mercantil como empresa dedicada á distribución e comercio al por maior e menor de toda clase de prendas entre outros xiros comercias. Nembargante o concelleiro Juan Carlos González Cameselle, encargado das negociacións coa empresa, asegura que trátase dunha recolleita con fins socias coa que estase a desenvolver un plan piloto. A empresa ten asinados convenios con varios municipios españois .
|
Posted: 10 Oct 2012 03:58 PM PDT
O concelleiro Juan González (PSOE-Nigrán)volve a denunciar ao alcalde Alberto Valverdepor incumprir as "súas promesas e sigue permitindo os macro botellóns na Ramallosa". Nese senso afirmou que as desfeitas do botellón desta fin de semana, deixaron a súa pegada na Ponte Romana e o seu entorno. Sinala que eses espazos ademais do lixo habitual que deixan as resacas, enchéronse de botellas rotas, cristais e vasos.
|
Posted: 10 Oct 2012 11:31 AM PDT
-O Parador só terá dous traballadores por quenda durante a ponte do 12 de outubro, que só atenderán seguridade e mantemento.
-A folga se desata trala aplicación retroactiva do DL 20/2012 por parte de Paradores na nómina de setembro, que o sindicato entende como "ilexítima".
-O conflito afecta a toda España.
|
Posted: 10 Oct 2012 09:29 AM PDT
|
Posted: 10 Oct 2012 09:13 AM PDT
O gondomareño, Xosé Antonio Araúxo, coordinador nacional de ANOVA inicia esta tarde unha intensa xira polo Val Miñor e o Baixo Miño para presentar as propostas electorais de Alternativa Galega de Esquerda (AGE). O ex alcalde nacionalista de Gondomar, percorrerá distintos puntos da xeografía do sur de Pontevedra, acompañado principalmente de candidatos locais que integran a coalición de esquerdas que lideran Xosé Manuel Beiras (ANOVA-Irmandade Nacionalista) , Yolanda Díaz (EU) así como os partidos EQUO Galicia e Espazo Ecosocialista Galego
|
Posted: 10 Oct 2012 08:10 AM PDT
Foi detido pola Garda Civil un mozo afincado en Gondomar, tras varias denuncias de roubos en varias propiedades do Val Míñor, ás que ingresaba na súa calidade de pintor. O mozo, de 22 anos e identificado como S.P.M, presuntamente aproveitaba os seus traballos como empregado dunha empresa de servizos de mantemento para levar xoias dos donos das fincas.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario