- Gondomar desenvolve plan piloto para capturar "infraganti" a condutores que se saltan a luz vermella do semáforo.
- AGE insiste na necesidade dunha cidadanía máis participativa e "botar da Xunta ao PP" para saír da crise.
- Novo accidente automobilístico na estrada Gondomar -Vincios, esta vez cunha persoa ferida.
Posted: 11 Oct 2012 03:45 PM PDT
As novas tecnoloxías xogan a favor do control do respecto das normas de tráfico. Cámaras de alta resolución nos túneles, carreteiras e avenidas conectadas a velocímetros, o "temible" radar, ect, son aparellos coñecidos polo condutores. Agora, no municipio de Gondomar, unha cámara conectada ao semáforo controla a posibles infractores á hora de respectar a sinal vermella. O primeiro está situado á altura do Cruceiro de Mañufe e en breves días o Concello recibirá o primeiro informe coas conclusións dunha semana de experimentación por parte da empresa Vialine, encargada da proba.
|
Posted: 11 Oct 2012 03:10 PM PDT
Traballo e a problemática da emigración dos novos foron as principais inquedanzas achegadas pola mocidade aos candidatos de Alternativa Galega de Esquerda na charla coloquio desenvolvida o pasado mércores na Praza de Abastos de Baiona. Logo das intervencións do historiador nacionalista Xosé Lois Vilar e os candidatos por Pontevedra, Xosé Antonio Araúxo e mais José Cuevas, tivo lugar un espazo no que o público asistente verteu preguntas e opinións sobre a actualidade de Galicia e o seu futuro.
|
Posted: 11 Oct 2012 01:30 PM PDT
Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado onte xoves sobre ás 9 da mañá, na estrada Gondomar - Vincios(PO-331). O sinistro tivo lugar á altura de Chaín, "onde empezan as curvas", segundo datos facilitados polo Servizo de Emerxencias 112. A persoa foi asistida por un medico e unha ambulancia do 061 que a trasladou a POVISA, segundo as fontes sanitarias. Trátase do segundo accidente constatado nesta estradae na mesma zona, no que vai da semana.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario