GUILLERME AFIRMA EN GONDOMAR QUE “VOTAR BNG É
APOSTAR POR VIVIR E TRABALLAR EN GALIZA CON DIGNIDADE”
Aymerich
defende que “a única vía segura para cambiar as políticas de recortes é votar
BNG”
Infogauda / Val Miñor
O
portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou esta tarde en Gondomar
que “votar BNG o día 21 é apostar pola esperanza, polo dereito a vivir e
traballar en Galiza con dignidade”.
O
portavoz nacional participou nunha charla-coloquio na que tamén interviñeron,
entre outras, a candidata do BNG pola comarca, Marta Dacosa, e o cabeza de
lista por Pontevedra, Carlos Aymerich.
Durante
a súa intervención, Guillerme Vázquez afirmou que “o día 21 hai dúas
alternativas, ou apostar por Feijóo, por máis do mesmo, que coas súas políticas
nos leva ao desastre económico e a que a maioría da sociedade se empobreza, ou
apostar polo BNG, que é o voto da esperanza, do dereito humano a vivir e
traballar en Galiza con dignidade”.
“Precisamos
un goberno na Xunta que defenda a Galiza e á súa xente e ese goberno só pode
vir da man do BNG”, subliñou
Pola súa parte, o
cabeza de lista BNG por Pontevedra, Carlos Aymerich, defendeu esta tarde en
Gondomar que só hai un camiño para botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de
recortes, “depositando a confianza no Bloque Nacionalista Galego o vindeiro 21
de outubro”. Nesta liña asegurou que o BNG “nunca favorecerá os recortes, como
fan outras forzas políticas en Andalucía ou Estremadura”.
Carlos Aymerich
subliñou que é posible desenvolver unha política diferente á que está levando a
cabo Feijoo na Xunta, que non supoña un ataque directo ao peto dos cidadáns e
cidadás. “O PP di que non vai cambiar nada, porque non quere que cambie nada,
pero si son posibles outras políticas”, manifestou, ao tempo que subliñou que
para acadar este reto “cómpre superar o desencanto que propicia o propio
Partido Popular”.
O candidato considerou
que as propias enquisas indican que a gran maioría dos galegos e galegas queren
que o PP deixe de gobernar en Galiza, polo que salientou que o reto do BNG é
“convertir esa maioría social nunha maioría nas urnas o 21 de outubro”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario