7 de out. de 2012

GALICIA

Feijóo é apupado no Grove por afectad@s polas preferentes e visitantes á Festa do Marisco 
O candidato do PP tivo un paseo pola vila arousá marcado polos apupos e recriminacións de ducias de afectad@s polo calote. A protesta mesmo lle obrigou a acelerar a súa visita á Festa do Marisco desta localidade, convertíndoa nun paseo fugaz

                                          Feijóo apupado no Grove

O candidato do PP á Xunta, Núñez Feijóo, semella que non vai ter unha campaña moi tranquila. @s afectados polas preferentes estanse encargando de lembrarlle en cada acto a súa responsabilidade e a do seu partido no calote que afecta a perto de 100.000 galeg@s. Se o sábado estes e estas afectadasaugáronlle ao PP o seu mitin central en Pontevedra, o domingo foi no Grove. Feijóo encabezaba unha ampla delegación popular que confiaba en repetir o guión de anos anteriores: Paseo pola vila arousá até as carpas da Festa do Marisco para ver e, sobre todo deixarse ver. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario