3 de out. de 2012

CULTURA

Amador Lorenzo: "Non quero documentar a realidade" 
Fotoxornalista de vocación, o gañador desta edición do Premio Luís Ksado sentiu ilusión polo recoñecemento do seu traballo. "Tudo isto é Fado" mereceu o galardón pola súa "lectura intimista e poética con resultado plástico de gran forza visual".

                                                        Amador Lorenzo, fotógrafo

Amador Lorenzo Blach (Bueu, 1976) gañou o premio de fotografía da Deputación da Coruñadespois de que o xurado formado por Manuel Outumuro, Joan Fontcuberta, Manuel López, José María Díaz Maroto e Xurxo Lobato escollese o seu traballo entre os 170 presentados. Fotoxornalista e cámara de televisión, xa foi finalista no ano 2007. Nesta ocasión a reportaxe “Tudo isto é fado” mostra a outra cara do país irmán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario