9 de out. de 2012

A GUARDA



O XOVES, 11 DE OUTUBRO, ÁS OITO DA TARDE, A ESCRITORA MARGA ROMERO PRESENTARÁ NO CENTRO SOCIAL FUSCALHO (A GUARDA) O XORNAL SERMOS GALIZA

Marisa Guerra / A Guarda

O semanario SERMOS GALIZA é o único medio de comunicación escrito en galego que podemos atopar nestes momentos nos quioscos. Naceu grazas á iniciativa dun grupo de persoas vinculadas ao mundo da cultura e da comunicación, que decidiron actuar para pór fin á gravísima situación na que nos atopabamos hai uns meses, en Galiza non tiñamos a posibilidade de ler ningún xornal escrito na nosa lingua. Marga Romero  forma parte do grupo promotor e tamén do consello de administración do periódico. Ela falaranos da necesidade de contarmos con medios de comunicación escritos e pensados en galego e para Galiza.
 Este acto é a primeira das actividades organizadas pola Asociación cultural VELA AO VENTO, que nace na Guarda co obxectivo de traballar pola defensa da nosa lingua, do noso patrimonio cultural e natural, ao coñecemento da nosa riqueza e o apoio á creación da mesma.  Esta asociación está aberta á participación de todas as persoas que compartan estes obxectivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario