3 de out. de 2012

A GUARDA

O BNG consegue que o Pleno da Guarda solicite a impugnación do Real Decreto que legaliza a fraude das preferentes

O PP fala de solidarizarse cos veciños e veciñas afectadas e dálles unha labazada non apoiando a moción


Hortensia García Díaz e Xan Lois Lomba Alonso, concelleiros do BNG no concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda
A moción presentada polo BNG sobre a impugnación do Real Decreto-Lei 24/2012 que legaliza a fraude das participacións preferentes foi aprobada sen o apoio do PP.
Para o BNG con este decreto-lei estase a legalizar a expropiación dos cartos de persoas aforradoras, non de especuladores, a través dunha estafa cometida pola banca co engano masivo do que no concello da Guarda e na Galiza foron vítimas miles de persoas cuxo único “delito” foi aforrar.
“É sorprendente como o PP ao mesmo tempo que fala de solidarizarse cos veciños e veciñas afectadas polas preferentes, dálles unha labazada na faciana non apoiando unha moción que persegue unha saída xusta a esta estafa”, comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.
O BNG considera que o PP, como antes o PSOE, está a consolidar a estratexia de sanear as perdas da banca privada con fondos públicos e que se afonda en deixar libres de toda culpa aos especuladores, ás persoas que realmente desenvolve unha economía de casino que está na raíz da actual crise.

Ningún comentario:

Publicar un comentario