NAMENTRAS SE MANTÉN UN
SILENCIO E OBSCURANTISMO ABSOLUTO SOBRE O AVANCE DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN
URBANA DE A GUARDA PARA OS PARTIDOS DA OPOSICIÓN, ALGUNHAS OFICINAS TÉCNICAS E PARTICULARES
RECIBEN COPIAS DE TRAMOS NOS QUE TEÑEN PROBLEMAS OU DIFICULTADES DE
CONSTRUCCIÓN
Cada pouco tempo
aparecen declaracións do Sr. Alcalde sinalando datas nas que pretende levar
dito P.X.O.U. o Pleno, para que (sen coñecelo) sexa aprobado pola oposición. De
tódolos xeitos, escomenzou falando de que xa estaba listo e ía presentalo no
mes de abril e a día de hoxe, ainda non
terminaron de facer axustes e arranxos.
Tendo en conta que dende
cando se deu o aprobado inicial, xa fai máis de seis anos, e as distintas
modificacións da lexislación urbanística galega, os cambios e acomodos que se
comentan e se deducen polos distintos escritos da Consellería indicando os
arranxos que deben facerse para axustala
a normativa vixente, sempre ocultando todo canto se estaba facendo aos Grupos
Políticos da oposición.
As últimas novedades son
máis graves, con ser solamente unhas poucas as que podemos averiguar, resulta
que trala sentencia que lles impide levar a cabo o “seu” proxecto de apertura
de Inguieiros, con rúa de sete, seis e nalgún punto menos metros, agora vai en blanco como estaba
antes, e o que veña atrás que arree. Así sae reflexado na cuadrícula que lle
entregaron a un veciño que foi preguntar polo “asunto”
Outra información que
temos, e dos espacios escalonados entre o Castelo de Santa Cruz e O Castro
“para a integración dese espacio”.
Pero os datos máis
“futuristas” son o desenvolvemento de “urbanización” xardíns” de xeito
“rítmico” nas parcelas do cruce de Camposancos, ca inclusión dún TELEFÉRICO de
acceso o cumio de Santa Trega. ¿Non teremos o final una pobre imitación dos
Xardíns de Versalles na estrada de A Pasaxe? Tempo o tempo.
A outra “gran idea”
incorporada o P.X.O.U. é a de declarar como “Casco Histórico” a zona de
Solanas, polo que aparte da conservación dos “grandes monumentos
arquitectónicos” existe nesta zona, despois da aprobación do Plan Xeral, estará
todo ese espacio afectado durante uns anos para facer o Plan Específico dese
lugar, tal e como foi informada (con copia da zona incluída) una veciña con
intereses urbanísticos no lugar.
Por todo o anterior, dende
CONVERXENCIA GALEGA, consideramos, que ainda que as declaracións que cada pouco
se fan dende o Concello, a aprobación do NOVO PLAN XERAL vai ser un traballo o
medio e longo plazo, no que terán e deben intervir os veciños , xa que
probablemente aparezcan novas figuras de urbanísticas que en vez de simplificar
o desenrrolo do chán de xeito individual, aporten diseños que sexan máis para
grandes operacións, similares a outros tempos e que os séus “esqueletos
inacabados” están espallados por distintos sitios do noso pobo.
A Guarda, a 19 de setembro
do 2.012
REXISTRO
ENTRADA Nº: 5958
DATA: 20
de SEPTEMBRO de 2012
Xosé
María Martínez Rodríguez
Responsable Local de CONVERXENCIA
GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario