SÁBADO 21 DE XULLO: FLASHMOB NA CORREDOIRA
Saúdos a todos:
O sábado 21 de Xullo temos pensado organizar un flashmob (un baile expontáneo na rúa para chamar a atención da xente) no paseo da corredoira enfronte do palco da música.
Aquí tedes o vídeo coa coreografía deseñada e a música para que todo aquel que queira participar poida aprender os pasos.
Coreografía Flashmob Tui "A Rúa é de Todos" | 21/07/2012
A Rúa é de Todos
Na data sinalada haberá un ensaio xeral ás 18:00 na alameda, ao lado do mirador (detrás da igrexa de Santo Domingo). E actuación ás 20.00 na Corredoira.
O obxectivo é amosar as pancartas ao final e de novo deixar claro o noso rexeitamento contra a ordenaza de convivencia cidadá do Concello de Tui, como xa fixemos coa anterior manifestación.
Aqui tedes a autorización de dereitos de imaxe no caso de que queiran participar menores de idade para poder gravar e difundir o traballo realizado.
Grazas a todos. Para calquera dúbida podedes contactar connosco a través de: aruaedetodos.tui@gmail.com
A RÚA É DE TODOS

Ningún comentario:
Publicar un comentario