14 de xul. de 2012

PONTEVEDRA

ABERTO ATA O DÍA 31 DE XULLO O PRAZO PARA SOLICITAR A COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN A TRAVÉS DO PLAN DE ACCIÓN MUNICIPAL ( PAM)


O Plan está dotado de 1 millón de euros e permitirá financiar actividades culturais e deportivas organizadas polas entidades locais

Os concellos de menos de 50.000 habitantes que así o desexen poderán solicitar xa e ata o 31 de xullo as axudas incluídas no Plan de Acción Municipal (PAM), co que a Deputación pretende contribuír ao desenvolvemento sociocultural e deportivo nestes municipios.
O Plan conta cunha dotación orzamentaria de un millón de euros e os concellos poderán demandar subvencións para a organización de actividades artísticas, lúdicas, formativas, eventos deportivos ou de difusión cultural.
A solicitudes poderán presentarse ata o 31 de xullo de 2012, nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación en Pontevedra, de luns a sábado; no rexistro da sede desta administración en Vigo, de luns a venres, ou tamén no Servizo de Cooperación e a través da páxina web www.depo.es.
Á hora de concederse ás axudas teranse en conta criterios como o investimento que o concello fai na área cultural e deportiva, con respecto ao orzamento total do concello; os ingresos que xera para o concello a realización das actividades e a prestación de servizos culturais e deportivos; e a relevancia da actividade medida en función do número de beneficiarios, impacto e alcance territorial, e colaboración con outras entidades.
Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 1 de marzo do 2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario