CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA QUE O GRUPO DE GOBERNO INCUMPLE O REGULAMENTO DOS USOS DE VERTEDOIRO DE ENTULLO
Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal de Converxencia Galega / A Guarda
Dende que a oferta de explotación do
vertedoiro de entullos quedou deserta, o
uso e abuso dese espacio, está sendo aproveitado para deixar nese lugar
materiais de distintas obras, tanto da nosa localidade como de outros concellos
sen que previamente acudan o Concello e abonen as taxas que regulan o uso do
mesmo.
De tódolos xeitos, o que hai que
destacar, por un lado, é que nos vertidos
non se selecciona o material sabendo que non hai persoal que controle os
mesmos, polo que se deixa de lado a clasificación dos mesmos.
Por outro lado, o mesmo Concello,
incumple o regulamento dos usos do mesmo, xa que a vista de todos están os
restos das palmeras que eliminaron en Chan de Conde e no Auditorio de San
Benito non fai moitos meses.
Quen tamén ten responsabilidade na
situación de deixadez e abandono é a Comunidade de Montes en Man Común da
parroquia de A Guarda, xa que como propietaria é que ten alugado ese terreo
para o uso de vertedoiro cunha serie de condicionantes, polo que tamén ten a
obriga de vixiar e controlar que se cumplan as condicións en que se cedeu.
Pero ademais, nalgúns casos, as
consecuencias as están pagando as propiedades privadas dos arredores, que son
invadidas con descargas de entullos dalgúns desaprensivos que non queren facer
as cousas cún minimo de seguridade e adecentamento
A vista de todos atopamos, plásticos,
gomas, papel, madeira, etc. que nada teñen que ver cas condicións para o que se instalou dito vertedoiro.
Seguimos ca aplicación da máxima de que
unha imaxe dí máis que mil palabras, e por iso, poñemos varias gráficas
dalgunhas das lindezas que alí topamos.
A Guarda, a 13 de
xullo do 2.012
Celso R. Fariñas
Ningún comentario:
Publicar un comentario