BEGOÑA ESTÉVEZ REUNIUSE CON REPRESENTANTES DO
ALONDRAS, O BALONMÁN CANGAS, O ATLÉTICO GUARDÉS E A FEDERACIÓN GALEGA DE
ATLETISMO
Deputación concedeulles axudas para a organización ou participación en determinados eventos deportivos
A deputada provincial Begoña Estévez
reuniuse ao longo desta mañá con representantes de diversos clubs deportivos e
co presidente da federación Galega de Atletismo aos que a Deputación lles
concedeu diversas axudas vén para participar en eventos deportivos ou para a
organización dalgunha actividade.
A primeira das xuntanzas tivo lugar
no concello de Cangas, onde se reuniu co alcalde desta localidade e cos
representantes dos clubes CB Cangas e Alondras CF, cos que tivo ocasión de
analizar a súa marcha e felicitalos pola boa tempada que están realizando e que
no caso do balonmán Cangas lle supuxo o ascenso á Liga Asobal, mentres que o
Alondras non puido acceder á 2ª B de fútbol.
A Deputación Provincial concedeu
cadansúa axuda de 9.000 euros a ambos os dous clubs para poder desprazarse e
participar nos partidos nos que se xogaban o ascenso.
Atlético Guardés
Tamén o Club de
Balonmán Feminino Mecalia Atlético Guardés recibiu o apoio da Deputación
Provincial, que lle concedeu unha axuda de 3.000 euros para poder disputar o
partido que lle valeu o ascenso á división de honor do balonmán. A resolución
pola que se concede esta axuda foille entregada este mediodía pola deputada
Begoña Estévez á presidenta do club, Esperanza Iglesias.
A deputada aproveitou a ocasión para
abordar con ela a situación do club e as súas perspectivas de cara ao futuro,
ademais de felicitala polo seu ascenso.
Federación Galega de Atletismo
Por outra banda, Begoña Estévez
reuniuse no seu despacho co presidente da Federación Galega de Atletismo,
Isidoro Hornillos, a quen lle fixo entrega dunha colaboración económica de
5.000 euros para a organización dun evento deportivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario