DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS
MÉRCORES, 20 DE XUÑO DE 2012
AXENDA DO PRESIDENTE, RAFAEL LOUZÁN
|
-09:00 horas……………Xornada
formativa sobre os «Cambios na xestión de residuos coa nova Lei 22/2011, de 28 de xullo, sobre
residuos e solos contaminados». Participan o presidente da Deputación,
Rafael Louzán; o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín
Hernández; os alcaldes da provincia e técnicos e expertos en medio Ambiente. No
Salón de Plenos da Deputación.
-12:00 horas……………….O
presidente da Deputación, Rafael Louzán, participa no acto de Sinatura do Protocolo de Colaboración entre a Xunta de Galicia e as
Deputacións Provinciais Galegas para unha mellor Cooperación Territorial. No Pazo de Raxoi da Prada do Obradoiro de
Santiago de Compostela.
-13:00 horas…………….. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada, Ana Isabel
Vázquez, visitan o Museo de Pontevedra acompañados por José Luís Méndez Ferrín,
presidente da Real Academia Galega. No Museo de Pontevedra.
AXENDA DOS VICEPRESIDENTES E
DEPUTADOS
|
-11:00 horas……………A deputada, Marta Iglesias, asiste á rolda de
prensa de presentación do I Campus de Baloncesto Adaptado e do I Torneo Amfiv
de Baloncesto integral. Na sede da
Deputación en Vigo. (C/ Oporto, 3).
-12:15 horas………………A deputada provincial, Marta Iglesias, asiste á entrega
de Premios do Concurso «o Monte é a nosa
Vida». No IES Carlos Casares de Vigo.
-12:30 horas………………A deputada provincial, Begoña Estévez, acompañada
polo alcalde, Luis Aragunde, fai entrega dunha colaboración ó Club Baloncesto
Cambados. No Concello de Cambados
-13:00 horas……………. A deputada provincial, Marta Iglesias, asiste
á clausura do curso da UIMP «A economía galega: oportunidades e propostas». No Club Financeiro de Vigo.
-13:15 horas…………..
A deputada
provincial, Begoña Estévez, acompañada polo alcalde de Vilagarcía, Tomás
Fole, fai entrega dunha colaboración ó Club Cortegada. No Concello de
Vilagarcía.
-20:30 horas…………….. A deputada provincial,
Marta Iglesias, asiste ó Concerto "Anxos e Demos" de Antonio Florio. No
Centro Cultural Novagalicia de Vigo.
-20:30 horas………… A deputada, Ana Vázquez, clausura e entrega os diplomas do Curso da
Escola de Gaitas e Percusión Deputación de Pontevedra. No Auditorio de Príncipe Felipe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario