- Rosalía Pazó expón "Argumento(s) para unha farsa" na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
- MeRZ 20
- Gondomar ofrece 70 prazas para un campamento infantil no mes de xuño.
- Venres de celebracións e xogos no marco das Letras Galegas dos alumnos do ensino infantil e primario.
- A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública celebrará unha charla - coloquio en Gondomar.
Posted: 24 May 2012 01:44 PM PDT
|
Posted: 24 May 2012 11:28 AM PDT
Desde hai un tempo, toda conversa sobre construción e urbanismo, antes ou despois, remata por falar das súas marabillosas propiedades. Nos últimos anos, comezaron entrando, silandeiros, pola porta traseira dalgunhas fincas privadas. Accesos aos garaxes ou pequenos carreiros nos xardíns. Mais, paseniño, foron incorporándose ao espazo público. Ao seu favor, conta o doado mantemento, ademais de limitar, visualmente, o casco urbano das pequenas vilas, configurando unha contorna mais cálida e compacta. O seu pequeno tamaño permítelle amosar as súas calidades ornamentais, debuxando, no chan, ondas e ritmos que rachan coas aborrecidas cuadrículas. Mais, o realmente importante é que obrigan a un control natural da velocidade dos vehículos.
|
Posted: 24 May 2012 11:14 AM PDT
A Concellería de Igualdade de Gondomar, e a través do Centro de Información á Muller, anunciou a posta en marcha de "Gondoverán". A iniciativa propón un campamento de lecer e tempo libre para cativos, fillos de persoas en activo ( por conta propia ou allea), co obxectivo de favorecer " a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo", segundo información do CIM Gondomar. As inscrición para 70 prazas se ábrense o vindeiro martes 1 de xuño ata o día 12 do mesmo mes.
|
Posted: 24 May 2012 10:49 AM PDT
|
Posted: 24 May 2012 10:02 AM PDT
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario