A DEPUTACIÓN DOTARÁ DE PASOS DE PEÓNS ELEVADOS E REDUTORES DE VELOCIDADE A 24 ESTRADAS PROVINCIAIS
Preténdese mellorar a
seguridade viaria na rede provincial de estradas
·
Os traballos contarán cun orzamento de 161.000 euros
A Deputación Provincial de Pontevedra instalará lombos e pasos de peóns
elevados en 24 estradas provinciais co obxecto de mellorar a seguridade viaria
nas estradas provinciais, así o indicou o vicepresidente da Deputación, José
Manuel Figueroa, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, onde incidiu
en que garantir a seguridade nas estradas de titularidade provincial é “un
obxectivo fundamental”.
En total instalaranse 31 pasos de peóns elevados e 5 redutores de
velocidade (os coñecidos como “lombos”) en diferentes estradas de toda a provincia.
Os traballos contarán cun orzamento de 161.483 euros e consistirán na
construción de pasos de peóns de 4 metros de longo e 8,5 metros de ancho,
mentres que os lombos terán 1,2 metros de longo por 8,5 metros de ancho.
En ambos os dous casos, estes elementos de redución da velocidade e mellora
da seguridade viaria levarán unha capa de rodadura de mestura bituminosa en
quente e rego de adherencia. Así mesmo, os traballos inclúen a correspondente sinalización
horizontal e vertical.
En canto á sinalización vertical dos pasos de peóns constará de tres sinais
con revestimento reflectante colocadas antes do paso de peóns (unha a un mínimo
de 25 metros, outra a continuación desta e a terceira inmediatamente antes do
paso de peóns). Os lombos estarán sinalizados cun sinal vertical colocado a un
mínimo de 25 metros antes do lombo e en función do límite de velocidade
establecido para a vía na que se sitúe.
Distribución dos
pasos de peóns e lombos
Os pasos de peóns elevados distribuiranse do
seguinte xeito: 3 en Pazos de
Borbén, na estrada Pazos-Ponteareas; 1 en Soutomaior, na estrada Arcade-Amoedo;
3 en Ponteareas, dos cales 2 serán na estrada Ponteareas-Guillade e 1 en
Ponteareas-Alxán; 2 na Cañiza, 1 na estrada A Cañiza-Mourentán e outro en A
Cañiza-Pousa; 1 en Gondomar, na estrada Gondomar-Vilaza-Parada; outro na
estrada Salceda-Picoña, en Salceda de Caselas, e 4 en Vigo, concretamente, 3 na
estrada Beade-Carneiras e un na estrada
Coruxo-Canido.
Así mesmo, no Baixo Miño instalaranse 3, 2 no
Rosal, na estrada Tabagón-Rosal-Portocelo e en Tabagón-Goián e 1 en Tui, no
acceso a Malvas na estrada EP 3002.
No Salnés instalaranse 8 pasos de peóns elevados: 2
na estrada Sisán-Ponte Estacas, outros 2 en Ribadumia-A Grenla, 2 na estrada Lois-A
Goulla e os dous restantes na estrada
Vichona-Dena (Sanxenxo).
No Morrazo construiranse 5 pasos de peóns elevados
en Bueu (2 na estrada Alto Portela-Beluso e outros dous na EP Banda do Río- A
Portela) e en Moaña (1 na estrada Moaña-Berducedo).
Pola súa banda, os lombos situaranse en tres
estradas provinciais: 2 na estrada 2203 que une Baredo coa estrada
Baiona-Loreza, en Baiona; un na Cañiza, na estrada que vai deste concello a
Arbo; e outros 2 en Meaño, na estrada Xil-Cobas-Barrantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario