|
Posted: 29 May 2012 10:13 AM PDT
Os sons máis destacados do panorama musical independente de Latinoamérica estarán presentes no cartel de portAmérica.
Zoé e Onda Vaga e Xoel López compartirán esceario con Julieta Vengas e Love of Lesbian en Porto do Molle, Nigrán, o próximo xullo, como mostra da riqueza musical actual que se está xerando e fluíndo desde América cara a España.

|
|
Posted: 29 May 2012 10:23 AM PDT
Hai anos que me interesa pero, estas últimas semanas, por diferentes razóns que non penso numerar, a arquitectura consume a case totalidade dos meus pensamentos, e non sei se me gusta. Reflexionando sobre isto, decido recapacitar sobre a miña relación con esta disciplina. Pénsoo, boto man de Retallos dun tempo branco, un diario que levo, e un pouco ao chou, sen atender a data, extracto:

|
|
Posted: 29 May 2012 04:00 AM PDT
A fumigación dos montes da bisbarra có pesticida Flufenoxuron foi rexeitada pola Mancomunidade de Montes do Val Miñor, nunha xuntanza o pasado venres en Borreiros. Nomeadamente, os comuneiros manifestan a súa preocupación pola posible contaminación que sobre augas, flora e fauna da bisbarra provocaría este produto prohibido nas listaxes fitosanitarias da Unión Europea. Nembargante, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto asegurou ante o Parlamento Galego que “o insecticida usado contra o gorgullo do eucalipto é un produto legal e o único autorizado para este tratamento”.

|
|
Posted: 28 May 2012 08:21 PM PDT
"Ni tenemos mercado, ni han empezado las obras" así de indignados mostrábanse onte un centenar de comerciantes de Sabarís ante a falta de coordinación e información por parte do Concello.
As cafeterías e supermercados da Avda Julián Valverde notaron xa as consecuencias económicas da reubicación dunha parte do mercado de Sabarís na zona do cemiterio.

|
Ningún comentario:
Publicar un comentario