A DEPUTACIÓN RECIBEU E HOMENAXEOU AOS CB CANGAS E
MECALIA A GARDA CON MOTIVO DO SEU ASCENSO Á MÁXIMA CATEGORÍA DO BALONMÁN
ESPAÑOL
O presidente da Deputación de Pontevedra, acompañado polas deputadas Begoña Estévez e Ana Isabel Vázquez, presideu onte unha recepción oficial da institución provincial aos clubes CB Cangas e Mecalia Atlético Guardés que, presididos por Manuel Camiña e Esperanza Iglesias, acadaron o ascenso á máxima categoría do balonmàn español, masculino e feminino, respectivamente.
Louzán felicitou aos socios, directivas, corpos técnicos e xogadores de ambos clubes polos seus éxitos deportivos e polo que o ascenso supón de proxección deportiva, turística, social, económica e cultural de A Guarda e Cangas de O Morrazo.
Destacou o labor de apoio das empresas patrocinadoras, da Deputación e do Concello de Cangas na persona do seu alcalde e ex deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, presente no acto do que dixo que .
O presidente da Deputación suliñou a importancia que para as respectivas vilas e para a provincia tén o feito de contar agora con catro equipos na máxima categoría nacional de balonmán. E destacou, asemesmo, a importancia que para os xoves e para o futuro das citadas vilas tén a exitosa referencia que, para os máis novos, supoñen a participación dos xogadores-veciños e dos clubes na liga española,
Segundo dixo, a Deputación, que calificou como “a casa da provincia e do Deporte”, seguirá apoiando ao deporte provincial como agora fai coas axudas directas a clubes e deportistas e co mantemento das Escolas Deportivas nas que miles de rapaces se adestran a diario, en diversas localidades, en especialidades como balonmán, xudo, fútbol e patinaxe.
Louzán non olvidou felicitar ás directivas e tamén a Esperanza Iglesias e Manuel Camiña de quén dixo que .
Tanto Iglesias como Camiña agradeceron .
Camiña lembrou que e destacou o feito de que .
Tanto as directivas como os xogadores recibiron unha placa conmemorativa do ascenso e obsequios da institución provincial e, á súa vez, os clubes agasallaron á Deputación con banderins e camisetas en lembranza da efemérides.

Ningún comentario:
Publicar un comentario