18 de Maio no Festiletras e 19 de Maio no Reperkusión
La Troba Kung Fu, a banda de referencia actualmente en Cataluña, chega a Galicia nunha xira de 2 días na que estarán presentes nunha das programacións máis estables e lonxevas de Galicia: O Festiletras de Ponteceso (o venres 18 de maio), e a continuación poderemos velos no Reperkusión (Ourense) o sábado 19 de Maio.
Xa o día 17 o lider da banda, Joan Garriga, viaxará a Galicia para colaborar con Manu Chao na súa actuación no Reperkusion. A banda chegará o día 18 para achegarense a Ponteceso e ofrecer un obradoiro de Rumba Catalana (18h) e un concerto ás 23:00h no Couto (Ponteceso) onde se desenvolve esta programación dende hai 30 anos (toda unha referencia en Galicia).
O sábado 19 La Troba Kung Fu viaxará a Ourense ao completo para ofrecer un concerto ao público do Reperkusión, onde actuarán xusto antes que o artista Manu Chao, con quen voltarán a actuar nunha xira europea no verán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario