Despiden 41 obreir@s en Touro en base a posíbeis perdas futuras da empresa
Corenta e un traballadores da empresa ‘Francisco Gómez e Cia’, quedarán na rúa despois de se executar o ERE aprobado unilateralmente pola empresa e que foi xustificado en previsión de perdas futuras.
Francisco Gómez e Cia é un grupo dedicado cen por cen á construción de obra pública que xestiona ademais os terreos da mina de Touro. Eduardo Sebio, da CIG-Construción explica que nos últimos anos obtivo, pola súa actividade, uns beneficios millonarios e denuncia que agora, aproveitando a reforma laboral e alegando supostas perdas futuras pola falta de carga de traballo, decidiu aplicar un ERE que deixa na rúa a 41 traballadores.
+ INFO
Ningún comentario:
Publicar un comentario