15 de mar. de 2012

TOMIÑO

Día da árbore no IES de Tomiño

Carlos Villanueva

Vicedirector do IES de Tomiño


Mañán, venres 16 de marzo, o alumnado do IES de Tomiño vai celebrar o día da árbore.

Esta efeméride leva celebrándose no noso centro dende hai xa bastantes anos, pero nesta edición serán os propios alumnos os encargados da organización.

Os responsables serán os alumnos de 1º e 2º curso do Ciclo de Actividades Forestais, que actuarán de monitores dos seus compañeiros máis novos, o alumnado de 1º de ESO. A actividade consistirá na realización dun roteiro que inclúe probas e preguntas relacionadas coas árbores, a identificación das diferentes especies e os traballos de silvicultura. A través da superación das diferentes probas, coa guía dos seus monitores, os nenos e nenas de 1º de ESO irán avanzando ata chegar ao lugar no que levarán a cabo a prantación de diferentes especies de árbores en varios espazos do propio Instituto e da Comunidade de Montes de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario