O BNG do Rosal apoia á folga xeral do 29 de marzo en contra da reforma laboral
Alberte Alonso Pereira
Voceiro do GM do BNG
Infogauda / O Rosal
O BNG do Rosal presentou onte unha proposta no concello, solicitando o apoio á folga xeral do 29 de marzo e en contra da Reforma Laboral aprobada polo goberno do PP.
O obxectivo último da reforma, segundo o BNG, é a procura dunha maior precariedade e desregulación nas relacións laborais, que conduzan a unha redución real das rendas salariais, que xa viñan sufrindo un retroceso antes e, sobre todo, despois do estoupido da crise fronte ás rendas de capital.
As organizacións sindicais máis representativas convocaron unha folga xeral para o vindeiro día 29 de marzo, a fin de que os traballadores e traballadoras expresen o seu rexeitamento á reforma laboral, tanto polo contido antisocial concreto que contén, como por representar unha medida máis dentro da política de recortes sociais que o actual Goberno do Estado está disposto a emprender.
No concello concello do Rosal, indican os nacionalistas, a maioría da poboación é traballadora, polo que se verá directamente afectada pola minoración de dereitos no desempeño do seu labor profesional imposta por esta reforma laboral, o que require un apoio explícito da institución local representativa ás medidas de rexeitamento da mesma, concluen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario