Prorróganse as dúas exposicións que se exhibiron durante o mes de febreiro no Centro Cultural de Pedornes (Oia)

Manuel Ángel Pombal Diego / Pedornes
Debido a boa acollida que están tendo as dúas exposicións fotográficas que se exhiben no Centro Cultural de Pedornes, e a que cada día son mais as persoas que se acercan para coñecelas, decidimos continuar con elas ó longo deste mes de marzo.
Lembramos que unha das exposicións titulada “Bionatura Miñota” inclúe mais de 80 instantáneas que foron realizadas polo membro e vocal de ANABAM, Luís Dorado Senra. Trátanse de fotografías do rico patrimonio natural do entorno do Baixo Miño, incluíndo flora e fauna, así como dalgunhas das actividades que ven desenvolvendo a citada asociación naturalista baixomiñota.
A outra exposición leva por título “Camiño Portugués da Costa” e inclúe as 27 fotos que se presentaron a concurso na “Fase Local Concello de Oia”.
Así mesmo, tamén se lembra que as citadas exposicións poderán observarse os domingos 4, 11, 18 e 25 en horario de tarde (de 16.00 a 22.00 h) no baixo do Centro Cultural de Pedornes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario