Infogauda / A Guarda
O pasado luns 27 de febreiro a asemblea local do BNG na Guarda elixiu por unanimidade o novo Consello local que estará dirixido por Merche Martínez como responsábel local.
A nova responsábel local do BNG asume o cargo co agradecemento aos compañeiros e compañeiras do BNG pola confianza depositada nela e no grupo de 8 persoas que conforman a totalidade do consello local.
A dirección local, renovada e ampliada, afronta esta nova andaina co compromiso e a ilusión de afortalar e ampliar a organización na localidade, para dar unha resposta política ás necesidades polas que está a pasar o pobo da Guarda, ante un goberno municipal sen ideas e sen proxecto político.
No contexto actual o pobo da Guarda necesita dunha organización como o BNG comprometida coa lingua, coa cultura, cos nosos sectores produtivos e coas clases populares, que ven como están recortando os seus dereitos amparándose nunha crise económica que foi xerada polo gran capital.
O consello local do BNG na Guarda está formado por: Merche Martínez, responsábel local, Emilio Álvarez Pena, Hortensia, García, Xan Lois Lomba, Marisa Guerra, Serafín de la Fuente, Mº Xosé Alonso e un representante de Galiza Nova que será escollido pola organización xuvenil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario