O BNG do Rosal presenta unha proposta na que solicita a devolución do diñeiro aos afectados polas participacións preferentes
Alberte Alonso Pereira: “En contra do que se lles indicou no seu momento, agora estes aforrados non poden retirar o seu diñeiro”

Alberte Alonso Pereira
Voceiro do Grupo Municipal do BNG
Infogauda / O Rosal
O BNG do Rosal solicitará no próximo pleno, demandar do goberno do Estado, do Banco de España e da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) a devolución aos afectados do diñeiro defraudado polas participacións preferentes.
Os nacionalistas indican que son moitas as persoas do Rosal -e centos de galegos-, que aconsellados polos directores de entidades financeiras das que eran clientes, investiron os seus aforros en instrumentos financeiros complexos e opacos, que agora están a denunciar.
“En contra do que naquel momentos se lles indicou, estes aforradores vense agora na imposibilidade de recuperar os cartos investidos”, explica Alberte Alonso Pereira, voceiro nacionalista.
Os afectados pola fraude das participacións preferentes e outros produtos financeiros complexos, seguen sen recibir unha solución satisfactoria aos seu problema. Solución que debe pasar, segundo os nacionalistas, “pola devolución íntegra do nominal destes títulos sen rebaixa ningunha”.
No caso concreto dos afectados pola colocación de títulos de Novacaixagalicia Banco, a dirección do novo banco segue sen ofertar solución ningunha, situación agravada agora coa posibilidade aberta polo Real Decreto-Lei 2/2012 de diferir até 12 meses o pagamento da remuneración a que os titulares destes produtos teñen dereito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario