4 de mar. de 2012

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN ALERTANDO QUE "AS LOUCENZAS SERÁ A CURVA DA MORTE"

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

AS LOUCENZAS SERÁ A CURVA DOA MORTE

Dende Esquerda Unida non somos científicos ni técnicos de seguridade vial, creemos que o trazado e pintado sobre a estrada non é lóxico nin coherente, para entrar a área de recreo das Loucenzas, dicimos que contribúe a que sexa conflito de accidentes.

¿Cómo é posible que en plena curva aia un cambio de sentido?

O lóxico sería que os turismos fagan o cambio de sentido na recta con visibilidades por exemplo na estación de bombeo.

¿Quen será responsable se temos accidentes? A policía Local dirá, que non son responsables e desde Esquerda Unida diremos que os responsables son os que din ser goberno.

Son moitos os vecinhos que tenhen inquietudes e desconfianza ante os cambios realizados en plena curva e como todos sabemos é unha curva moi perigosa, con historial de graves accidentes.

Creemos que o responsable de tráfico e policía Local tenhen que facer un estudo da zona, así como a curva seguinte cara a Baiona, entre o Km, 41 e 42, que isto non sexa unha desidia mais.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Que o responsable de tráfico faga os trámites oportunos para que dito trazado sexa coherente ca Lei de seguridade vial, para evitar accidentes de circulación.

Que os acordos adoptados os fagan chegar a Xefatura de tráfico e COTOP, para facer os cambios oportunos.

A Guarda a 5 de marzo do ano 2012

Asdo.: José Antonio González Morais

Ningún comentario:

Publicar un comentario