26 de mar. de 2012

A GUARDA

A ASOCIACIÓN INFOMAXE PROPÓN QUE O CONCELLO TRIBUTE UNHA HOMENAXE INSTUTICIONAL EN RECOÑECEMENTO Á LABOR DO CINEASTA XURXO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ (XURXO CHIRRO)

Xurxo González Rodríguez, cineasta de A Guarda

Infogauda


InfoMAXE

Rúa Puerto Rico, 23

36780 A GUARDA

Rexistro Municipal de Entrada nº 1670 do 26-02-2.012

Quen abaixo suscribe, CELSO RODRIGUEZ FARIÑAS, en calidade de Secretario desta Asociación,

E X P O N:

Que o pasado domingo, dentro da 8ª Edicción do PLAY-DOC, FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAIS, celebrado en Tui, o vencedor na Sección Oficial, foi VIKINGLAND, do director guardés Xurxo Chirro e producido por Beli Martínez, que xunto con outras persoas vencellas o mundo da música e a imaxe sobre a vida de mariñeiros galegos que traballan no Mar do Norte, baseado nas gravacións que durante distintas temporadas levou a cabo “O Haia”, (Luis Lomba). Ca súa primeira videocámara.

Esta producción presentada no concurso coma unha homenaxe a xente galega do mar, xa en distintas ocasións, ten acadado recoñecementos e moi boas críticas naqueles festivais os que tan acudido, como é o caso de FidMarseille, Jhilava IDFF, FICUNAM, Cineuropa ou o Festival Internacional de cine de Xixón.

Que na andaina productiva de Xurxo Chirro, existen varios traballos con referencia ao noso pobo que teñen acadao moi boa crítica.

Por elo, dende InfoMAXE, consideramos que ese esforzo e traballo realizado nunha área como é a cinematográfica, por xóvenes guardeses, debe recibir o recoñecemento da Corporación Municipal, por elo, vimos a

S O L I C I T A R:

Que a Corporación Municipal –creemos que un bó momento é o Pleno Municipal que se vai realizar en poucos días- fará público un acto institucional a fin de recoñocer o traballo e a proxección artística do equipo de Xurxo Chirro e neste caso concreto, a felicitación polo éxito acadado.

A Guarda, 15 de marzo do 2.012

Celso R. Fariñas

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario