28 de mar. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA AFIRMA QUE O GRUPO DE GOBERNO NON FOI CAPAZ DE ELABORAR O“PLAN DE AXUSTE”


Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, Concelleiro-Portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

E X P O N:

Estamos a finais de marzo do 2.012 , e despois de case 30 días da aprobación inicial dos Orzamentos Municipais para este ano, donde pola aplicación do Real Decreto-Lei 4/2012, que obriga aos concellos a presentarlle ao Ministerio de Facenda unha relación contable de tódalas facturas pendentes de pago, o revisalas, no Concello de A Guarda, levamos a sorpresa (xa esperada) da aparición de +200.000€ en facturas impagadas que non estaban contabilizadas, polo que a nosa debeda supera o 1.000.000€, creemos que é bó que como todo mundo sabe, as facturas non se esconden elas solas, aquí atopamos a dúbida que nos Orzamentos Municipais houbo unha ocultación intencionada desta información, xa que neste caso, estaríamos ante unha acción maliciosa na contabilidade dos diñeiros públicos, para ocultar unha xestión nefasta nestes últimos anos, fruto da prepotencia e arrogancia dos que dispuxeron da maioría absoluta, actuando con total absolutismo.

O artigo 7º do citado Real Decreto-Lei 4/2012, obriga o Concello a facer un “PLAN DE AXUSTE” para a súa aprobación polo Pleno Municipal antes do 31 de marzo do 2.012, ou sexa en poucos días remata o prazo e do PLAN nada se sabe, pois no día de hoxe en que se celebrou a Comisión de Asuntos Económicos, nun levaron nin un papel.

Cando presentaron os presupostos para este ano, dende CONVERXENCIA GALEGA, o dixemos moi claro, naceron mortos por moitos motivos, e agora o PSOE intenta resucitalo, nin que se chamara Lázaro! Foi un documento que o único que fixeron foi cadrar cifras pero sen ningún sentido práctico nin real.

O Grupo de Goberno dando mostras da súa incapacidade e ineptitude NON FOI CAPAZ DE ELABORAR ESTE “PLAN DE AXUSTE”, esta situación vai xenerar en pouco tempo uns grandes problemas para as contas do Concello, pois a non presentación do PLAN DE AXUSTE, supón que o Goberno Central vai rete-los fondos que lle corresponden ao Concello de A Guarda da súa participación nos tributos do Estado. A consecuencia dístoserá levar a ruína financeira do noso Concello para os próximos anos.

Unha opción que estudia o Equipo de Goberno é realizar unha nova operación de crédito bancario, para pagalas facturas pendentes, aumentando así a débeda do concello a longo prazo e deixándollo sen recursos.

A conclusión final que quitamos é moi simple, durante estes últimos catro anos a xestión económica do Concello foi un desastre, houbo ocultación intencionada de información contable, de facturas, da situación real para que non fose de coñecemento público. Pero o mesmo tempo tampouco existiu a intención de sanea-las contas públicas do Concello, co cal, a situación foise agravando e agora ca obriga legal que impuxo o Goberno Central e cando aparece de súpeto a verdadeira realidade financeira do Concello: ¡¡UNHA RUINA!!

Durante estes últimos anos, a “pintura contable” que facía o PSOE nos ornamentos disfraza a realidade, pero un enfermo non se cura con maquillaxe, necesita medicinas que curen a enfermidade. Hoxe sábese que o enfermo (o concello) está máis grave de que todos pensábamos, pola labor de desinformación malintencionada que o PSOE fixo durante os pasados catro anos de maioría absoluta.

No peor dos casos podemos atoparnos cos ingresos retidos dos tributos do Estado, e o mesmo tempo cunha nova débeda contraída cos bancos. Nos, dende CONVERXENCIA GALEGA, xa dixemos no séu momento que este ornamentos nacían mortos, pero de seguir esta forma de gobernar que ten o PSOE, o que vai morrer é o Concello de A Guarda.

Guia Directriz da FEMP na páxina 9 : “Las Entidades Locais que UNA VEZ REMITIDA la relación referida anteriormente no haxan efectuado el pago de las obligaciones reconocidas en ella, VIENEN OBLIGADAS A APROBAR UN PLAN DE AJUSTE das siguientes características: Prazo para la aprobación: antes del 31 de marzo de 2.012

Dado que o PLAN DE AJUSTE o ten que elaborar o Equipo de Goberno e logo informalo o Departamento de Intervención, ¿non será que non o fan para que non salgan a luz máis contas e débedas que as que apareceron ata agora?

A Guarda, a 27 DE MARZO DO 2.012

Beatriz Estévez Alvarez

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario