20 de mar. de 2012

A GUARDA

A ASOCIACIÓN GALEGA DE VITICULTURA ORGAIZA UNHA CEA CATA MARIDAXE NO RESTAURANTE TRASMALLO

Infogauda / A Guarda

O vindeiro venres dia 23 de Marzo ás 21.00 horas terá lugar no Restaurante–Marisquería Trasmallo unha Cea Cata Maridaxe coa colaboración da Asociación Galega de Viticultura (AGV) a cual ven realizando por todo o país un traballo de implicación no sector restaurador.
“O sistema que estamos levando a cabo e moi positivio para que a xente disfrute do tipo e variedades de viño ensambladas con pratos da nosa gastronomía e despois do éxito que tivemos na última cea, creíamos que debíamos repetir e non podíamos esquecernos do porto da Guarda, da langosta e da nosa costa a cual e un gran viveiro de calidade de peixe” dixo a Infogauda, Jorge Cardoso Mariño, Coordinador da AGV no Baixo Miño.
O Menú será o seguinte:
 PRIMEIRO PRATO:
Medallóns de lagosta en salsa de iogur fino ao aroma de menta fresca
 SEGUNDO PRATO :
Pemento do piquillo recheo de marisco con ramo de tempada
 TERCEIRO PRATO :
Arroz de vieiras
 CUARTO PRATO:
Linguado de A Guarda con ourizos de mar
 QUINTO PRATO:
Solombo Trasmallo con filloas e puente-nuevo sobre rio de oporto
 POSTRE:
Coulant de chocolate acompañado de sorbete de mazá verde

Cada prato será regado con un viño distinto entre os que haberá brancos, tintos, espumos e doces.
O evento será conducido polo experto en viños e maridaxe Xosé Antonio Gómez “Piño” delegado do grupo Gonzales Byass en Galicia, declararada mellor adega de España.
Se alguén dexesa asistir teríase que por en contacto co 986 610 473 ou no 672 085 534 porque as prazas son limitadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario